Martes, 09 de febrero de 2010 - 20:53 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
26-09-2009 22:52

O dereito a interromper o embarazo

9 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 15 voto/s

O dereito a interromper un embarazo con garantías legais e sanitarias non supón menoscabo á libertade de proseguir con él e as estatísticas demostran que a prohibición xera mortalidade e indefensión nas mulleres, que adoitan ser a parte máis feble de sociedades febles de séu. Así o demostra o dato de que só a cuarta parte dos 46 millóns de mulleres que abortan cada ano en todo o planeta, o fan en condicións consontes cos dereitos humanos. Outros datos indican que o 13% das 600.000 mortes de mulleres que falecen cada ano no mundo por mor de embarazos, débense a abortos inseguros, ou que a taxa de mortalidade nos abortos inducidos é do 330 por cada 100.000 habitantes nos países prohibicionistas fronte ao marxe de entre 0,2 e 1,2 alí onde non está penalizado.

É innegable a vinculación entre a percepción e as crenzas sobre este particuar coa influencia relixiosa, xeralmente referida a posicións fundamentalistas de acendrada misoxinia. Os fundamentalismos amósanse resistentes aos avances sociais e científicos, contra todo pronóstico. En EE UU, sen irmos máis lonxe, durante os oito últimos anos da presidencia de Bush, o protestantismo máis radical reafirmouse nunha interpretación literal das Sagradas Escrituras explicando mediante a Teoría do Creacionismo o inicio da vida no mundo. Tamén rexurdiron as organizacións contrarias ao dereito das mulleres para decidir sobre a súa capacidade reproductiva, mesmo nunha sociedade que ten lexislación sobre esta materia desde os anos 60. Máis preto das nosas influencias culturais, temos a Igrexa Católica que non mudou nin un milímetro os tradicionais mandatos contrarios aos métodos anticonceptivos, incluso como xeito de prevención do SIDA, sen esquecer a ousadía con que irrompe no debate científico sobre cómo e cándo se convirte en persoa un feto, confundindo o saber obxectivo e racionalista coa crencia dogmática.

En España, tantos anos confundida entre o confesional e o civil, chegamos algo tarde ao momento de lexislar sobre esta cuestión, pero fomos indo, serodiamente, cara a unha situación semellante a de moitos países daqueles cos que nos gusta compararnos, pero aínda estamos por detrás dos máis avanzados. A día de hoxe, Alemania, Holanda, Francia, Bélgica, Austria, Dinamarca, Italia, Portugal, Suecia, Bulgaria, Grecia, Rumanía, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Lituania, República Checa ou Letonia, teñen despenalizada a interrupción voluntaria do embarazo. Só nos países confesionalmente católicos como Polonia ou Irlanda, existen lexislacións penalizadoras.

Pero por aquí aínda temos cousas importantísimas que mellorar. Non é de recibo que o 93% de tódolos abortos que se practican en España se fagan en clínicas privadas porque o sistema público non abordou, seriamente, as reformas precisas para cumprir a lei mesmo nos supostos actualmente vixentes. Nin é razoable que os facultativos que desenvolven un traballo que os servizos autonómicos de saúde non o fan, coma aconteceu o ano pasado en Madrid, sexan obxecto de escarnio público, sometidos a xuizo e sancionados coma delincuentes. Nin que as cidadás que residen en Andalucía dispoñan de medios públicos para isto, porque así o arbitrou o seu goberno, que en Cataluña ou Galicia non teñen. Nin é tolerable que a ministra de Igualdade, moza para máis amolar, sexa o pim-pam-pum dos talibáns mediáticos e políticos por afrontar valientemente este problema. Nin que en Galicia, o goberno desta autonomía nacida ao abeiro dunha Constitución que define un Estado non confesional, se sitúe a carón dos grupos próximos a unha interpretación fundamentalista da relixión católica.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Matizando...
Sancho
2009-09-29 15:32:53
O aborto existe desque a humanidade é humanidade. Coa regularización do aborto non se pretende tanto facilitar o acto de abortar como un dereito, como de facelo en garantías. Ou xa non acordamos a xente que viaxaba "de vacacións" a Francia e Reino Unido nos anos do franquismo? Xa non acordamos as miles de mulleres que morrían a mans de "abortadores/as"? Xa non acordamos do outro uso das agullas de calceta? Sobre a cuestión do aborto hai moita hipocresía, sobre todo por parte de quen pretende a súa derrogación. E unha aclaración técnica; xurídicamente o aborto non é un asasinato, xa que o concepto de asasinato só se refire á persoa nacida.
2
Para Nete.
XG
2009-09-28 14:47:00
Con descalificacións persoais non se aclara este asunto. Eres algo imprudente no falar, ¿cómo sabes que eu son un provida "organizado"?, ¿a quén chamei asesino?. Falar así é cuspir sobre doutros, non argumentar. O debido é responder á pregunta ¿é o embrión un ser humano? e tiralas consecuencias da resposta. Se non é máis que un bulto de carne, calquera carne, p.e: un solomillo de vitela que o carniceiro esqueceu alí dentro, entón debe ser sacado canto antes. Se é humano, vida humana, deberá ser amparado, defendido, como toda vida humana, cunha defensa apropiada para o caso desa vida humana primordial. Se queres deixar de descalificar sen causa e dedicalo teu tempo a responder a esa pregunta, seguramente mellorarás algo.
3
rápidos
nete
2009-09-27 23:34:50
que ben organizadiños estades os "provida". en canto sae algo nos medios ZAS! aí estades para chamar asasina á xente que defende os direitos das persoas. Afortunadamente cada vez sodes menos. Noraboa polo artigo, moi oportuno.
4
XG
2009-09-27 21:52:43
(1)Entre a abstinencia por un extremo e a ligadura de trompas ou a vasectomía por outro hai unha boa cantidade de medios anticonceptivos a disposición das mulleres que que non quere quedar embarazadas. E se quedase haberá que atribuilo a un fallo. ¿Fallo de quen?. Pois dos dous que se preisan para producir un embarazo (e non valerá negala participación que as actuais probas de paternidade dan bó resultado). Parez que a xustiza debería pola carga en ambos; pero non, se rinde de antemán e deixa colocala carga como pena de morte no único inocente que en ese asunto hai. (2) Nin tan siquer a carga do gasto para abortar nunha clínica privada queren. "Non é de recibo", di ela. E facendo unha segunda trampa (a primeira foi declaralo como "un dereito" colocan o asunto como un problema sanitario unha enfermidade máis) e cárganllo a SS (a todos). Oiga, ¿pq teño que pagar sen telo gusto?.
5
Moi ben
sensato
2009-09-27 14:44:51
Moi ben argumentado, XG, grazas pola túa aportación.
6
XG
2009-09-27 10:50:28
Terceiro e importante. Se ha de haber sociedade organizada en Estado como instrumento para o avance da nosa civilización -do nós civilizarmonos, quero dicir- un traballo básico dese Estado e garantila vida dos seus membros, para o que conta cos habituais medios normativos e cohercitivos. Pois lexislando o aborto "como un dereito" o Estado negalle a quen está en camiño de vela luz a vida que debería de garantirlle. Darlle a alguién -agora á nai muller emancipada, antes e de feito ó pai- o dereito socialmente inmotivado, inapelable e irresponsable de decidir sobre dunha vida humana allea, que -tenten de vestilo como queiran- eso é a sedicente "interrupción voluntaria" do embarazo. O Estado renega dos seus deberes: recúa a civilización, as nosas relacións en sociedade. ¿É ou non o embrión un novo ser humano desde xa. Se a resposta é afirmativa hai que sacalas consecuencias legais, que non son a arbitraria licencia para matalo, senón a civilizada protección da súa vida. Por puro egoismo, pola nosa civilización, polo noso ben.
7
XG
2009-09-26 22:23:13
Segundo e menos importante. A súa argumentación é detestable. (1) Queren despenalizalo aborto voluntario pq hai mulleres que abortan (deixen de dar pena: nestas ou naquelas outras condiccións). Pola mesma regla de tres despenalizaremos o roubo pq hai xente que rouba (e pasando moito peligro, oiga, que poden levar un tiro), etc. (2) "E innegable a percepción -¡a percepción!, que finura-...coa influencia relixiosa...posicións fundamentalistas..acendradamisoxínia...resistencia ós avances sociais e científicos...Bush...Sagradas Escrituras...creacionismo..SIDA..., etc". ¿Que pretenderá esta muller demostrar con ese refrito?. Todo eso é negable; eu négollo. Non me sinto relixioso nin católico, de tendencia e algo de formación técnica, nada de simpatía por Bush, etc. A pregunta que hai que se facer é se o embrión é ou non un ser humano e, en caso afirmativo, que dereitos ten. O embrión, non a nai. Sabemos que a nai é humana e os dereitos que como tal lle corresponden. Pero o embrión, ¿Quén fala por el?. Debería sela súa nai, pero a mamá quere matalo. A femia quer matala cría no seu seo. Invocando a libertade. ¿Qué pensar, que sentir?.
8
XG
2009-09-26 22:00:05
Primeiro e máis importante. Non nos entendemos pq non queremos entendernos: non se nega o dereito -a libertade- dunha muller emancipada para decidir sobre da súa maternidade. Ela pode decidir por si mesma se ha de ter fillos ou non. E a libertade dunha muller para dicir que non non supon menoscabo da libertade doutra muller para dicir que si. É certo e até aquí todo ben. Pero no aborto voluntario entra en xogo un terceiro ser, tamén humano -¿ou non é humano?; ¿quere Vde. dar resposta e sacalas consecuencias?- distinto da nai. Co aborto voluntario non se decide sobre do corpo desa muller emencipada -¡faga coel o que queira!- senón sobre doutra vida. Tratándose da vida dun ser humano non se debe razoar cun "cada un faga o que queira".
9
Asesinato
sensato
2009-09-26 20:18:32
Independentemente das crenzas relixiosas e das posturas políticas, o certo é que un aborto é un asasinato (igual que as guerras ou a pena de morte, por suposto), tanto que o vexamos dende o punto de vista dun fanático como do dun ateo super racional: unha morte é unha morte.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles