Viernes, 19 de marzo de 2010 - 1:53 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
26-09-2009 17:32

Zapatero cumpre con Galicia

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

Onte foron aprobados polo Consello de Ministros os Presupostos Xerais do Estado para o 2010, que chegarán ao Congreso o vindeiro martes. Non son uns orzamentos máis, suceden durante a maior crise económica das últimas décadas e deberían servir para axudarnos a saír dela. Dentro de poucas semanas veremos tamén as contas do Goberno galego, e poderemos comprobar dous modelos distintos de encarar as dificultades económicas.

Cabe preguntarse, xa que logo, que necesita Galicia neste intre? Manter o gasto público, os investimentos en infraestruturas como o AVE, manter ou mellorar a protección social para os que máis están a sufrir as consecuencias do paro e da recesión, aínda financiando todo isto cunha subida selectiva de impostos; ou pola contra adelgazar a Administración pública, reducir a súa capacidade de aplicar políticas anticíclicas, recortar as axudas ás empresas, reducir o investimento en infraestruturas e o gasto social confiando á baixada de impostos a sorte da recuperación económica.

Estes son os dous xeitos antagónicos que están sobre a mesa, e sobre as súas consecuencias deben reflexionar os cidadáns. Cada Goberno ten a súa responsabilidade, e debe ser esixible a coherencia, de xeito que non se pode pedir que un cumpra con tódolos investimentos previstos “porque son necesarios” e ao outro se lle perdoen os recortes “porque non hai recursos”. A redución de ingresos provocada pola menor recadación derivada á súa vez pola caída da actividade económica afecta por igual ao Goberno central, á Xunta e aos Concellos. Non é certo, como está a dicir Feijóo, que o Estado recorte os recursos ás CCAA; a razón desa baixada é precisamente esa redución dos ingresos que afecta a todos.

Ante esta situación o Goberno de Zapatero aposta por manter o investimento produtivo e as políticas sociais, empregando a fiscalidade como un instrumento para aplicar iniciativas públicas de impulso da actividade económica en momentos nos que a iniciativa privada está retraída pola crise. Isto suporá para Galicia manter un investimento produtivo por enriba do 8% do total do investimento estatal cunha cifra superior á dos orzamentos do Estado do ano pasado. É xustamente este esforzo inversor o que está conseguindo nos últimos anos que Galicia medre por enriba da media estatal e teña mellores datos de emprego. Pero esta tendencia ponse en perigo se non se acompaña cunha política económica similar dende a Xunta.

¿Que debe facer o Goberno galego? Ao meu entender debe aproveitar a marxe de endebedamento de ata o 2,5% do que dispón, así como revisar a súa capacidade de recadación fiscal nos tributos que xestiona, de xeito que se manteñan os investimentos e o gasto social, especialmente en educación. Isto sería o intelixente, o resto son demagoxias e desculpas que nos abocarán a unha saída da crise máis penosa e máis lenta. Si que estou certo de que cando isto ocorra o señor Feijóo culpará dos problemas a Zapatero, ou á Unión Europea, ou a quen sexa, pero os cidadáns deben saber que vivimos nun Estado de responsabilidades compartidas no que as CCAA xestionan os servizos públicos básicos e unha parte moi importante dos nosos impostos. Xa sabemos que o Goberno de Zapatero cumpre con Galicia orzamento tras orzamento dende o ano 2004, agora está por ver se o Goberno galego cumpre cos galegos ou coas consignas ideolóxicas do neoliberalismo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
O PSOE xa non ten nengunha credibilidade
ahí vai o PSOE perdendo votos
2009-09-27 19:43:48
A maior crise da historia?.. Logo canto tempo votachedes negandoa,que estabamos na champions league,que so era UNHA DESACELERACION ECONOMICA. O mellor que podemos facer os galegos,e non perder o tempo lendovos.
2
Grazas Z P - Zona Puteada
Ata os co..... de que segan a mintir aos galegos
2009-09-27 00:51:40
Por fin, grazas Zapatero, e , pra cando a reapertura de ASTANO- FENE ??, ou aínda non é para agora ?, e o !! cata-PLAN !! de Ferrol ? pois outro fraude máis, e agora ca subida do IVE , voltan a subi-los prezos do artigos prioritarios, do día, Pan ,Ovos, leite, que coma sempre quen se fode é o que menos ten, grazas Zapatero por Putearnos , etc,etc,etc
3
Os feitos
Eu
2009-09-26 17:52:56
Cumpre só nos orzamentos e na medida en que precisa os votos do BNG para gobernar. Incumpre a súa propia palabra de traer o AVE en 2012, ao asinar por escrito un documento que impedirá telo antes do 2015, e coa complicidade de Feijóo. E incumpre ao non levantar o veto do PSOE que impide ao noso sector naval facer barcos.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers