Lunes, 22 de marzo de 2010 - 5:07 h
Xabier P. Igrexas
Membro de Galiza Nova
04-10-2009 21:57

Orzamentos dobremente insolidarios

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (OXE) presentado polo goberno central volve amosar, con rotunda claridade, o carácter antisocial das medidas que para atallar a crise sistémica está a aplicar o PSOE. Os orzamentos propostos son inasumíbeis dende un punto de vista progresista, por mor fundamentalmente da doutrina impositiva na que se basean, e que se sitúa na dirección contraria da necesaria progresividade e da redistribución da riqueza. Estamos pois perante un proxecto de OXE dobremente insolidario.

Insolidarios socialmente, coa suba dos impostos indirectos como o IVE, e a redución pola contra de impostos que unicamente gravan os beneficios empresarias –que a patronal teima en negar que existan- coma o Imposto de Sociedades. Non se van tocar nin os tramos máis elevados das rendas, nin os grandes patrimonios, nin as plusvalías do capital. Nun escenario de dificultades obxectivas, como o que describen mes a mes os datos de desemprego e cun risco real de exclusión social para milleiros de familias, que nesta altura xa non teñen unha fonte regular de ingresos, o xusto sería aplicar taxativamente a regra de quen máis teña que máis pague. Porén, a proposta da socialdemocracia española é xustamente o contrario.

E tamén insolidarios territorialmente, pois redúcese o investimento do Estado en Galiza, que segue recibir menos do que achega, pese a consignar un 8% en materia infraestrutural. Galiza recibirá menos recursos do Estado, precisamente no contexto no que as comunidades autónomas, por ter importantes competencias transferidas (políticas de benestar, ensino, saúde…) precisan de maiores recursos.

E todo, despois de que o executivo presidido por Zapatero destinase nestes meses un total de até 250.000 millóns de euros para rescatar á banca especulativa.

O nacionalismo galego plántase.

O BNG pola súa banda ven de manifestar a súa disposición a presentar unha emenda á totalidade do proxecto de OXE, após ter feitas públicas as súas propostas que se fundamentan na aposta pola imposición directa progresiva (coa creación dun novo tramo do IRPF para as rendas de máis de 95.000€ anuais cun tipo do 50%), a conxelación dos impostos indirectos, a redución da presión fiscal sobre as actividades do sector primario, ou a creación dun fondo estatal destinado a compensar as perdas do sector leiteiro.

Se o PSOE non muda radicalmente de modelo impositivo e orzamentario, e procede a refacer os OXE do vindeiro exercicio para orientalos en beneficio das maiorías sociais e convertelos nun instrumento útil contra os efectos da crise, estes non poderán contar co apoio do nacionalismo galego.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers