Lunes, 15 de marzo de 2010 - 16:13 h
Xavier Carro
Deputado do PSdeG
07-10-2009 23:28

'Gürtel': a impunidade e o vitimismo

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

Resulta incrible o descaro co que os dirixentes do PP, especialmente en Galicia, e agora vemos que en todas partes, actúan en estreita relación con empresas e con círculos de actividades económicas máis que discutibles. Lembro que pouco antes de que o xuíz Garzón apresara ao clan dos Charlines, o seu máximo responsable recibía en Cambados o carné honorífico do PPdeG “pola súa contribución ao partido”. Se repasamos a historia das mocións de censura en Galicia, ou se esperamos a ver o que pasará en Silleda, encontraremos múltiples casos onde os propios concelleiros recoñecen ter recibido “compensacións” ou “postos de traballo”, nos propios concellos, nas Deputacións ou en empresas relacionadas a cambio de ocupar o poder que as urnas deran a outro partido político.

O comentario de Correa no que manifesta medo “a ir al trullo porque el PP ya no manda en Hacienda” reflicte precisamente a existencia da impunidade na que se moven os “amigos” do PP cando gobernan. Esta impunidade ten raíces profundas e lonxevas, lémbrame ao xeito de ser e de actuar das clases dominantes durante o franquismo. Ningún ilustre cidadán tiña problemas coa xustiza, a economía e a administración pública estaban ao servizo duns poucos e ao pobo tocáballe traballar e calar. Resulta que gran parte dos actuais dirixentes populares son, cando menos socioloxicamente, novas xeracións destes mesmos extractos sociais e quizais botan en falla aquela impunidade, aquel “orden” como a eles lles gusta dicir.

No fondo isto ten que ver tamén cos valores do neoliberalismo que nos levaron a esta crise económica, esta teoría de menos Estado, menos controis para as transaccións económicas, menos impostos, máis liberdade e individualismo para que sexa esta clase social, que si que ten clara conciencia de clase, pero de clase dominante, a que poida estar tranquila no seu “orden”, a que goberne os recursos que son de todos, a que se blinde con contratos e indemnizacións multimillonarias mentres piden o despido libre e gratuíto para os traballadores, e en definitiva a que favoreza opcións políticas que defenden os seus intereses.

Agora reacciona o PP presentándose como vítima dun grupo de corruptos que se aproveitou do partido. Compréndese a explicación, quizais non lles queda outra, pero resulta incrible e ata ofende a máis elemental intelixencia. Non dicían isto cando Barcenas asinaba os talóns do diñeiro negro para pagar os actos do partido, ou cando Pablo Crespo “resolvía” o custo das racións de empanada das romarías do Monte do Faro. Non estamos ante un cancro extirpable, estamos ante unha metástase que xa forma parte do corpo enteiro e os tratamentos a aplicar deben ser masivos, necesítase unha quimioterapia que aniquile tódas as células danadas, que modifique os valores, os principios e as formas do partido para adaptalo a un Estado democrático moderno, senón acabarán como Berlusconi.

Teño a convicción de que non todos no PP son así e penso que terá que haber xente que non está cómoda neste trance. Espero que reaccionen, que esixan responsabilidades e cambios rapidamente porque senón o escándalo acabará por afectar ao partido como institución. Que non pensen que as enquisas ou as urnas o resolven todo, quizais os efectos adversos tarden, pero chegarán.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
e seguimos co pp....
juancho
2009-10-08 18:33:47
blablablabla...

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers