Martes, 09 de febrero de 2010 - 21:44 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
10-10-2009 20:44

Urbanismo baixo sospeita e o 'caso Gürtel'

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

A corrupción no sector da construción foi obxecto dun revelador estudio da organización Transparencia Internacional (http://www.transparencia.org.es/INFORME%20GLOBAL%202005/Inf_Global_2005.htm) que recomendo ler e que non citarei para non desaproveitar o espazo deste artigo, pero nel debúxanse claramente os vencellos entre ámbalas cuestións. Tampouco non fai falla ir a este estudo para intuirmos a vinculación da corrupción co mundo do urbanismo e da construción no noso contorno pois hai algún ca outro municipio en Galicia onde podemos esperar algunha notable sorpresa.

En Vigo, sen irmos máis lonxe, vivíronse acedos debates co urbanismo como argumento que fixeron caer gobernos e paralizar plans de ordenación sospeitosos de favorecer tramas corruptas. Lembremos a traumática ruptura do goberno de coalición PSdeG-BNG en Vigo, en tempos de Pérez Mariño, que se explicara –mesmo que non se entendera– por mor da teima do PP en controlar a Xerencia de Urbanismo e pilotar o desenvolvemento do Plan Xeral que estaba a ser revisado daquela. Cando o PSdeG perdeu a Alcaldía por non superar unha moción de confianza en decembro de 2003, o PP pasou a gobernar e fixo do urbanismo a razón da súa acción de goberno. A chegada á Xunta en 2005 do bipartito significou un duro revés para aqueles plans e non hai máis que revisar as hemerotecas para atopar o debate aberto por promotores inmobiliarios, intermediarios e grandes grupos económicos internacionais, tentando presionar aos responsábeis da consellería de Ordenación do Territorio, e ao propio presidente Touriño, para que asegurasen as expectativas de crecemento brutal que contemplaba aquela planificación ao máis puro estilo desenrolista dos anos 60.

Naquel tempo estouparon outros casos derivados de conflitos urbanísticos en Nigrán, ou en Gondomar, con problemas de orde pública e grande crispación, e cunha sospeitosa repetición de nomes de persoas ou grupos por detrás das bambalinas, movendo os fíos.

Daqueles escándalos vigueses destaca o caso da urbanización da Finca do Conde sobre o que o Supremo determinou a súa ilegalidade mediante catro sentenzas consecutivas e que representa de xeito moi obvio, o interese do PPdeG por favorecer unha actuación absolutamente contraria a calquera principo ou asomo de legalidade urbanística con moitos milleiros de euros polo medio. O certo é que todo está abondo recente como para non entender a defensa que fai Núñez Feijóo do PPdeG actual coma se nacesen onte e non tivesen cousa algunha que ver co que acontecía algúns anos atrás porque hai moitos nomes de políticos e políticas en activo que tiveron algo ou moito que ver con todo aquilo. Seguro que non debe ser fácil tomar a decisión de levantar as propias alfombras pero se hai un exemplo que debe evitar o PP en Galicia é o que está a dar o PP a nivel estatal cun Mariano Rajoy en permanente estado de estupefacción, incapaz de reaccionar, facendo hoxe unha declaración e mañá a contraria, avaliando amigos e defenestrando compañeiros de partido, absorto, en suma, nun desconcerto que recorda inevitablemente á súa errática actuación como voceiro do Goberno Aznar na crise do Prestige.

Os erros deberían axudar a rectificar, non a teimar na súa repetición porque todo parece indicar que a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal fixo un traballo fino e o peor aínda pode estar por chegar.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
falta por coñecer moito...
Maria
2009-10-16 15:25:34
Mesmo do sumario do caso Gurtel aínda temos que coñecer un mínimo de 35.000 folios con datos que, ao parecer, refírense as tramas relacionadas co urbanismo. Mais penso que en Galicia a "descuberta" será máis difícil unha vez que o PPdeG. controla areas tan importantes do poder...
2
o pior aínda pode estar por chegar.
da Vila
2009-10-11 11:24:54
É certo, o pior está por chegar.O tempo dira-nos quem está bem cheinho de "merde",para serem mais finos.O senhor Feijoo tem um passado que nom pode apagar.O seu passado polos diferentes campos da administraçom pública deixam um regueiro de IRREGULARIDADES que alguém profundizar no tema....
3
sucio
carmiña
2009-10-11 10:24:35
Silva el alcalde de Gondomar acusado por prevaricacion con condena que recurio,Louzan lo tiene en la diputacion ganando un paston ¿es un premio? ¿sabe muchas cosas?Me gustaria saberlo

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles