Viernes, 12 de marzo de 2010 - 14:05 h
María Reimóndez
Tradutora e escritora
13-10-2009 22:36

Unha persoa, un voto

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

A cousa comezou sendo “un home, un voto”. Tiveron que pasar ata séculos de longas loitas para que esa máxima fose finalmente “unha persoa, un voto” nunha proporción significativa de países. Aínda hoxe, son moitos nos que non se cumpre a primeira aspiración e moitísimos máis onde segue sen cumprirse a segunda. Pero no fondo dese lema aniñou sempre a aspiración de establecer unha estrutura onde as persoas de toda condición puidesen ser oídas e con algo de sorte participasen do goberno que ía determinar os seus designios dun xeito ou doutro. Ese lema indicaba que xa estaba ben de que só algunhas persoas, os homes ricos e poderosos para máis sinais, decidisen os avatares do resto e marcasen dende a súa óptica a medida de todas as cousas. O sufraxio universal (o verdadeiramente universal) permitiu que todas as persoas puidesen participar de xeito polo menos formal no goberno dos lugares onde vivían.

Mais se imos ao fondo do asunto, comprobaremos que co paso dos anos se cadra a tal aspiración acabou quedando cativa. Porque o obxectivo era realmente decidir e non só instaurar ditaduras cuadrianuais onde os señores que entran a gobernar semellan esquecer, en canto pasa o día das eleccións, que teñen unha serie de responsabilidades cara á cidadanía, pasando por alto que a participación debe continuar despois da romaría, a participación tanto das persoas que lles votaron, como das que non. Unha participación que está moi lonxe do modelo enquisa do noso actual goberno. Hai que recordar unha e outra vez que a democracia non é impoñer as maiorías senón tentar crear unha sociedade para todo o mundo. Non esquezamos nunca que Hitler chegou ao poder grazas ao voto. Por iso o voto non chega.

E entre outras cousas non chega porque rara vez a xente que vota le os programas electorais e emite a súa opinión levada polo que estes conteñen senón máis ben por emocións ou conxeturas nalgúns casos máis que peregrinas. Isto quere dicir que quen votou ao PP nas pasadas eleccións non teño eu moi claro que votase en contra do galego, que votasen a prol do insulto a quen o fala, da súa redución a un elemento floclórico ou á eliminación da nosa identidade. Sinceramente, exceptuando unha vergoñenta minoría que xa sabemos en que siglas bilingües fala, estou convencida de que non.

Por iso é importante comprender que unha persoa, un voto, non abonda. A cidadanía non pode desfacerse da súa responsabilidade unha vez cada catro anos, poñer no poder a quen sexa e mirar cara ao outro lado. Porque nos vai a vida nosa e do futuro nos pasos que se dan. Por iso non abonda. Por iso cada persoa debe estar atenta cada día e facer oír a súa voz, que para iso debería estar a democracia. Ao final só aqueles de discurso recalcitrante a fan oír de xeito organizado, promovendo fundamentalismos e totalitarismos. O resto traballamos con ferramentas desiguais, sen os medios dos poderosos, sen os cartos moitas veces. Mais temos unha vantaxa. Que somos moitas máis persoas. O único que nos fai falta é traballar unidas e sermos visibles. Sobre todo aquelas que votaron ao partido que está agora no poder teñen a máxima responsabilidade. Porque estes señores destrúen no voso nome. É hora de facerse oír. Por iso é necesario non só xa unha persoa un voto senón unha persoa un paso. Todos os pasos xuntos, o día 18 en Compostela.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers