Lunes, 15 de marzo de 2010 - 16:10 h
Xosé María Lema
Catedrático de Xeografía e Hi...
15-10-2009 21:13

O 18 en Compostela, na defensa da lingua nai

5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 21 voto/s

Era unha moza da zona rural que foi para a capital e namorou alí dun mozo moi fino, moi fino, dunha familia moi fina, moi fina; a rapariga ordenou de casar con el e decidiu non convidar a súa nai á voda, pois «te era muy de la aldea» e non «daba» moi ben coa súa nova familia. Éralles tamén outro mozo do rural que tamén marchou para a capital e que tamén se deu á finura; un día levou os seus amiguetes capitalinos a súa casa «de la aldea» e presentoulles a nai como a criada; e o peor non foi iso, senón que a boa da muller representou moi ben o seu papel subalterno e servil en todo momento para evitar o sufrimento do seu filliño da alma…

Son dous casos, verídicos, do que os sociolingüistas chaman autoodio: infravalorar o propio e sobrevalorar o alleo. Iso é o que está facendo o ‘noso’ Goberno galego co seu presidente á cabeza coa lingua propia de Galicia, avergonzarse dela e humillala tratándoa como a criada da casa en vez de lle dar o trato digno que lle corresponde como señora da mansión onde naceu e viviu as súas mil primeiras primaveras. ¡Quen nos ía dicir que o fillo mellor tratado, o mellorado, estea conspirando para mover os papeis para desafiuzala e poñela de portas para fóra!

Nunca dei entendido aos galegofalantes que preguntan para que lles serve a súa lingua. É coma se preguntasen para que lles serve súa nai ou seu pai. Razoar coa utilidade material da lingua propia é coma se un razoase o cariño aos pais en función de que lle sexan ou non útiles, ricos ou guapos (se non é así, xa non os queremos?). Queremos a lingua como queremos os pais ou ós fillos: porque son nosos, e abonda.

Non obstante, non é certo que o noso idioma non sirva para facer uso del polo mundo adiante, e senón que lle pregunten ós de Pescanova e doutras empresas de qué idioma se valen para concertar acordos cos gobernos de Portugal, Angola, Mozambique ou o Brasil. O galego serviulles e sérvelles a moitos dos nosos emigrantes en Europa para aprenderen idiomas coma o francés ou o italiano, por exemplo, con máis semellanzas fonéticas e léxicas co noso idioma que co castelán. O bilingüismo case innato dos galegofalantes –os únicos galegos realmente bilingües- facilítanos a aprendizaxe dun terceiro e dun cuarto idioma: que o digan tamén os nosos emigrantes en Europa, que tantas veces serviron de intérpretes a outros españois monolingües.

O domingo 18 estaremos en Compostela para reivindicar o dereito da lingua galega a vivir con dignidade na súa propia casa. Os seus bos fillos non podemos consentir que algúns desleigados a traten coma a criada e moito menos que a queiran expulsar da morada que vén habitando desde hai mil anos. Reivindicaremos o dereito a seguirmos sendo (verdadeiramente) bilingües e potencialmente plurilingües –pois quen sabe galego sabe máis- fronte ó limitado monolingüismo ó que nos queren condenar. A manifestación debe ser apartidaria e plural, aberta a todas as ideoloxías, pois a lingua propia de Galicia é patrimonio cultural de todos os galegos, tamén dos castelanfalantes habituais. Por espurios motivos políticos ninguén ten dereito a privarnos da maior creación colectiva do pobo galego, en palabras de Castelao.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Boa ilustración
Chousa da Alcandra
2009-10-17 14:58:38
Excelente e gráfica explicación do que lles acontece a aqueles que non son quén de valorar o propio.
2
Bravo!
Filipe Diez
2009-10-16 22:25:16
Moi bo o artigo, e magnífica a síntese que fai Bakunin no comentario nº 3.
3
Para que serve o galego?
Manuel
2009-10-16 11:39:28
O galego serve para que, estando en Irún_Guipúzcoa, un día escoites a un matrimonio falar en galego porla rúa e se che poñan o pelos de punta coa emoción.- Para que serve ser do Depor ou do Celta?: Para que te emociones cando os vés xogar a champios u gañarlle ao Madri no Bernabeu.-
4
Bo artigo
ANTON
2009-10-16 01:51:22
Esa é a realidade. Por iso o Galego perde falantes, ademais de que o que fai Frijolito, é facer do Galego unha lingua prescindibel. Un trasto vello que non chegas a ningures con ela. E por suposto perpetuar o dereito de pleitesía que creen ter os Bifidos sobre os Galegos. De todas maneiras, a imaxen dos Galegos fora sempre é a de Cañita Braba, parbo, cutre, zafio, pailan, e demais, ou como di Manquiña, que os Galegos facemos moi ben o papel de camareiro e narcotraficante, sempre dan esa imaxen dos Galegos, é o que mais vende. lles gusta moito en Madrid.
5
galegofobia
Bakunin
2009-10-15 21:54:56
A galegofobia é unha enfermidade que ataca ao cerebro, é producida polo bicho da ignorancia e o virus da intransixencia, cúrase con altas doses de cultura e civismo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers