Unha empresa que vende caretas en Estados Unidos ven de dar a coñecer o feito comercial de que unha das facianas postizas que máis está a ter tirón dentro de seu catálogo cara a este Halloween made in USA é a de Bernard Madoff.
Mentres en Galicia celebramos o Día de Defuntos e seguimos as tradicións do Samhain, en Estados Unidos festexan o Halloween entre disfraces e entroidadas. Poidendo elexir na pel de quen poñerse, os estadounidenses están a se quedar con representar o papel do financieiro condeado a 150 anos de cárcere logo de poñer en marcha unha das maiores estafas da historia. Queda por saber se estamos diante dunha homenaxe ou dunha crítica.
O que non parece ter discusión é que, logo da que montou, Madoff mete medo.
¿Como será a pregunta dos pícaros á hora de pedir doces? Indo disfrazado de estafador bursátil o máis apropiado sexa: "A bolsa ou a vida".