Jueves, 18 de marzo de 2010 - 15:35 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
17-10-2009 23:12

Galicia, no futuro de Brasil

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 17 voto/s

Na Xunta aseguran agora que as Delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo son necesarias para atraer investimentos e promocionar a cultura e a lingua. Está moi ben que rectifiquen porque Galicia merece que a súa capacidade de presencia e influencia internacional vaia en aumento nun momento clave para a relación estratéxica entre a Unión Europea e América Latina, mesmo que para xustificaren as críticas inxustas de hai tan só sete meses recorran a todo tipo de demagoxias. Cousas da mala política e de políticos menores. Cáseque ao mesmo tempo veñen de anunciar en Bruxelas a creación dun grupo ou rede a prol dos intereses galegos na capital da UE, pero non o vinculan coa nosa capacidade de chegada ao outro lado do océano como naturais embaixadores de Europa que somos no noso alenmar. O certo é que a Unión Europea é o segundo socio comercial máis importante de América Latina e o maior investidor na rexión onde só nos dez últimos anos financiou máis de 450 proxectos e programas por máis de 3.000 millóns de euros. No próximo Cumio Unión Europea-América Latina que se celebrará durante a presidencia española en maio de 2010, decidirase a posta en marcha dun novo instrumento de financiamento europeo para promover en América Latina e o Caribe investimentos en tecnoloxías e innovación verdes e de baixas emisións de carbono, e en todo o que mellore a cooperación científica e técnica coa rexión.

Cómpre preguntarse que papel vai ter Galicia neste novo contexto. Se ollamos cara o Cono Sur, Galicia ten, cando menos enunciada, a vontade de consolidar unha relación privilexiada con Arxentina e Uruguai logo de admitir a conveniencia de manter alí unha representación e unha acción política. A grande ausente, alomenos a día de hoxe, é a definición dunha política dirixida a un Brasil que xa se converteu na locomotora do avance continental e con quen temos tamén, unha historia e un futuro. O presidente Lula adoita dicir que o século XIX foi o de Europa, o XX o dos EEUU e o XXI vai ser o de Brasil. Así o confirma a evolución dunha economía que vai saír reforzada da crise que asola as grandes potencias tradicionais, mesmo con crecemento positivo en 2010. Con seguridade, o país vaise abrir definitivamente aos investimentos estranxeiros e a concorrencia internacional deseñando un escenario enormemente atractivo. No entanto, a grande singularidade de Brasil respecto do resto de repúblicas iberoamericanas, máis alá da súa enorme extensión e variedade de recursos naturais, é o feito de ser o único de lingua portuguesa nunha rexión que fala español. Os descendentes de galegos de Arxentina e Uruguai saben moi ben a vantaxe que lles da o coñecemento do galego na súa relación con Brasil, pero os cursos oficiais de aprendizaxe da nosa lingua son demandados tamén por moitas persoas sen vencellos familiares con Galicia. Os nosos empresarios tamén saben da facilidade con que entran nos medios económicos brasileiros e o útil que lles resulta o coñecemento do galego para manexarse, cómoda e fluidamente, naquela sociedade. Coido que Galicia non debería perder a oportunidade que nos da compartir con Brasil unha marabillosa ferramenta de comunicación que nos permite penetrar, sen dificultades, nas esferas de toma de decisión política, económica, cultural… Alí lle chaman portuñol á nova lingua que está a nacer de xeito natural nos países latinoamericanos para se comunicar entre eles.

Galicia é vista e sentida en América Latina como unha parte moi significativa e especialmente querida da Europa. Estou convencida de que hai marxe para actuar e o que falla é poñerse a traballar para convertela nunha auténtica oportunidade.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Com sotaque galego
da Vila
2009-10-18 16:32:01
Quem diz que o galego nom serve para nada. Eu penso que a ignorância tem sido na nossa terra um mal que levamos em cima.Já tempo atrás temos dito que o nosso futuro está na comum língua galego-português-brasileiro.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers