Sábado, 20 de marzo de 2010 - 10:21 h
Xosé A. Gaciño
Xornalista
17-10-2009 23:12

Pola lingua na rúa

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 25 voto/s

Agora que Brasil vai de potencia emerxente, pisándolle os talóns ás potencias clásicas do G-8, os da lingua utilitaria poderían ir cambiando de estratexia e empezar a reivindicar o galego, rama lusista, para abrirlle aos seus fillos un porvir máis prometedor que o de burócrata monolingüe na vila e corte. Porque, se falamos de utilidade, non entendo por qué eses heroicos defensores da liberdade lingüística non optan directamente polo inglés ou, un pouco máis a medio prazo, polo chinés.

En realidade, eses manipuladores da realidade non están a pensar na utilidade nin na liberdade. O suposto bilingüismo non é máis que un disfrace subconsciente do complexo de inferioridade ante ás propias raíces culturais, que a algúns lles fai odiar a lingua do seu pobo.

Non hai que botar man de estatísticas nin de enquisas para comprobar que, se algún idioma está en perigo de supervivencia nestes momentos, é precisamente o galego, e por iso é necesario volver a reivindicalo na rúa. Por uns anos, co galego convertido en lingua litúrxica da política doméstica (nunha sorte de diglosia ao revés), viviuse a ilusión dun proceso normalizador. Bastou o clamor dos demagogos, que presentan como perseguida á lingua dominante, para devolvernos ao pozo da marxinación, á tristeza da loita polas cousas evidentes.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
o outro conflito
da Vila
2009-10-18 16:56:44
...."os da lingua utilitaria poderían ir cambiando de estratexia e empezar a reivindicar o galego, rama lusista,...."este é o verdadeiro conflito o galego isolacinalista ou reintegracionalista e nom o outro.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers