Sábado, 20 de marzo de 2010 - 4:24 h
Silvia Carregal
Xornalista
26-10-2009 03:11

Poñendo trabas á conciliación

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Cando eu era nena ir ao comedor do colexio non era tan común. Máis aínda se estudabas nun centro público. Agora é habitual. A necesidade obriga. Daquela dábannos de comer as nais ou as avoas. Agora nas parellas adoitan traballar os dous membros e moitas avoas aínda agardan a xubilación. O resultado é que, ou o pícaro queda a comer na escola, ou non hai xeito de poñer en práctica iso que lle din conciliación da vida laboral e a familiar.

Co retorno dos populares á Xunta deuse en poñer en práctica un procedemento de pago dos comedores escolares que contravén o amor da dereita á familia. Os trámites complicáronse. Dificúltase con trabas burocráticas optar a un servizo básico para a conciliación.

Esta semana moitas familias galegas con fillos en idade escolar deberán a frontar unha ruta mensual ineludible se queren que o cativo acuda ao comedor do centro educativo. A primeira parada é o colexio. Alí recollen as taxas autonómicas de pago. O documento pódese descargar da Internet evitando o paseo. A seguinte parada é o banco, cola incluída dado que estamos a fin de mes. Obtido o xustificante de pago, débese entregar o papel no colexio, no horario que determine o centro. Queda así acreditado o dereito do pequerrecho a xantar quente nos días de escola de novembro. Imaxinen a de permisos laborais a pedir para poder cumplir todos os trámites que fan posible o uso do comedor por parte do seu pícaro. E así un mes e outro mes e outro mes.

Accións coma estas poñen trabas á conciliación e fan recuar no uso do servizo poida que para deixalo morrer. ¿Haberá estos atrancos no ensino privado?

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers