Poñamos por exemplo que unha potente empresa madrileña decide pechar unha das súas factorías de produción leiteira en Galicia. Tamén, como exemplo, digamos que desa empresa dependen outras catrocentas minipemes e que, afortunadamente, hai varias ofertas para comprar esa fábrica e que a mesma contribúa a que esas pequenas pemes (explotacións) teñan garantizado o seu futuro. Todo positivo para xogar a seren gobernante: propónselle o monopoly do sector lácteo. Botando man da mesma hipótese, supoñan que unha das ofertas que postula a facerse coa factoría é un entramado de cooperativas produtoras galegas e a outra un ave Fénix resucitado con sede, tamén, en Madrid. Un chámase ‘oportunidade de futuro’ e outra ‘unha empresa que pasaba’. ¿Por quen apostan, se o que goberna vostede é o Executivo autonómico galego? … Menos mal que todo era unha hipótese.