Viernes, 12 de marzo de 2010 - 23:28 h
F. Rodil Lombardía
Xornalista
27-10-2009 22:44

"Encontra o teu camiño"

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Semella pouco enxeñoso. Lembra os lemas de inspiración catecuménica dos carteis que colgan, os domingos, os catequistas nas igrexas. Falo do slogan da Xunta para promocionar o Xacobeo 2010, acontecemento sinalado polo estigma da crise (en principio, as ideas non tiñan por que verse afectadas). Se non hai cartos, que menos que ser ocorrentes para alumear unha divisa rechamante. Sábese que a necesidade estimula o talento. Pero non foi o caso. O slogan xacobeo “Encontra o teu camiño” dubido que teña o suficiente gancho promocional para compensar o escaso atractivo do simplón e cativo programa de actos que presentou a Xunta.

Así, de primeiras, “Encontra o teu camiño” ata pode soar un pouco ridículo e prestarse a chocalleiradas. A non ser que a cousa vaia con segundas e teña un significado autocrítico. Hai tramos do Camiño (algún moi próximo a Compostela) que nin sequera un avezado explorador amazónico podería atopar fácilmente. Se por aí van os tiros, o slogan (supoño que está inspirado no libro-xogo de Martin Handford ¿Onde está Wally?), tería máis sentido.

Do primitivo significado da peregrinatio ad loca sancta apenas queda rastro. Hai tempo que estamos ao negocio. Agora, o slogan xacobeo do 2010 induce a pensar que se trata dun xogo de rol, susceptible de se converter nun concurso de televisión: “En contra o teu camiño” e gaña, por exemplo, unha fin de semana no balneario da Toxa, con todo pago.

En calquera caso o lema xacobeo ten a virtude de ser polivalente na súa utilidade. A min ocórrenseme algunhas aplicacións: sería un bo rótulo para anunciar unha escola de yoga. Vexan se non: “Encontra o teu camiño: Gnana ioga, pranaiama, técnicas de relaxación, meditación trascendental”. Ben podería ser tamén o epígrafe dun seminario de orientación psicolóxica dos que organizan as asociacións de amas de casa. E que lles parece como reclamo dun portal astrolóxico en Internet?: “Encontra o teu camiño: consulta con Uxía, clarividente, botadora de cartas, tarot e outras mañas adiviñatorias”. Como frase publicitaria para vender un GPS de peto tampouco estaría mal. E ata sería un bó título para unha composición rapeira: “Encontra o teu camiño/ find your way, rapás/ ven ó botellón a Compostela/ subidón xacobeo…”, etc.

O Xacobeo perde fol. Con só o slogan, sen outros alicerces que lle dean verdadeiro significado, o peregrino/turista chegará a cansar, a perder o interés, e acabará por dicir aquilo que lle dicía Sancho a don Quixote: “Ya me he cansado de seguir a vuesa merced por esos caminos sin camino”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers