Martes, 09 de febrero de 2010 - 21:35 h
Millán Fernández
Colaborador
28-10-2009 23:09

Fascismo Armani

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 19 voto/s

O Premio Nobel de Literatura de 1998, o portugués José Saramago, ven de facer unhas contundentes e esclarecedoras declaracións públicas a respecto da pintoresca situación política que se vive na República italiana dende fai anos, pero que se viu agravada nos ultimos tempos. Son feitas por alguén sen ataduras e cuxa autoridade intelectual está fóra de dúbida: “Estou convencido de que Berlusconi quere reimplantar o fascismo en Italia. Non é o mesmo dos anos trinta, de camisas negras e brazos estendidos, é o fascismo de corbata Armani”. É digno de celebración que se comece a chamar ás cousas polo seu nome. As evidencias están aí, e calquer demócrata do mundo se ruboriza coas indignantes actuacións, e as continuadas proclamas, deste patético ególatra. Calquer demócrata do mundo se debera solidarizar co pobo italiano que está padecendo, en certa maneira co seu consentimento, un dos xefes de goberno máis reaccionario, vulgar e populista dos que se recorda na historia recente de Europa. Este corrupto e estravagante personaxe conta con dous poderosos aliados para subvertir, de xeito sibilino, a orde constitucional co fin de deconstruír ó seu antollo o sistema democrático: A Igrexa Católica e o conglomerado de mafias que infestan a economía e a sociedade daquel país. Conta, ademáis, coa axuda inestimable dun sistema electoral moi deficiente, unha galopante fractura social, unha oposición incapaz e dividida e o control total dunha parte importante dos medios de comunicación, que non cumpren o seu cometido. Non é que sexan condescendentes co poder que representa todo o movemento ligado á figura do megalómano Silvio: son directamente cómplices, servís e propagandísticos. Un machismo furibundo barnizado de galantería, un odio declarado ó diferente, sexa homosexual ou inmigrante, un vitimismo nacional ben instrumentalizado e unha guerra declarada á xudicatura e ás leis conforman a base material do seu discurso: “Son demasiado bo e xusto”, “son o mellor presidente da historia de Italia”, “os xuíces roxos queren acabar conmigo para que a esquerda se faga co poder”, “unha verdadeira democracia non pode basearse nunha orde que carece de lexitimidade popular (en referencia ós maxistrados que revocaron a inmunidade autootorgada)” son algunhas das súas perlas máis recentes. Unha mistura de envexa e fascinación parece envolver as mentes dunha sociedade civil amordazada e obxectivamente enganada polos manexos escuros dun home sumido na insultante dobre moral. Os gobernos da Unión Europea deberían comezar a marcar distancias con alguén tan perigoso, e non reirlle as gracias. Aínda que leve garavata.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Cómpre rigor na lingua
Seiva
2009-10-28 18:07:21
Boas, Millán. Con toda humildade, presento aquí unha serie de erros que deberan ser corrixidos antes de enviar os textos, dada a responsabilidade que na escritura do galego se debe exercer, algo que escribindo en castelán está asumido como inadmisíbel. Quero dicir, apliquemos o mesmo rigor na escritura do galego, independentemente da norma que se utilice, haberá de utilizarse ben, e quen opte pola normativa oficial RAG-ILG,como con calquera outra, haberá de coñecela e dominala para non incorrer en erros, o que devalúa a lingua e mesmo dá a razón a aqueles que a utilizan mal a mantenta, facendo do galego estándar vulgar castrapo. Se xa a norma ten ido camiño do galeñol ou castrapo, as últimas mudas na norma reparan en pouca medida esta deriva, en contra das protestas que sen argumentar en contra, negan as solucións propostas (non falo dos utentes doutras normas, senón de quen ter o máis mínimo coñecemento filolóxico critica a norma oficial dende o castrapismo máis absoluto), polo que hai que ser rigoroso: "Vén (til diacrítico)de facer"."Dende hai anos"."Calquera demócrata do mundo debérase"."Extravagante"."Vernizado"."Auto-outorgada"."E non lle rir as grazas".Tamén, preferencias normativas obviadas: duplo, -ábel, ao (que en contra do papanatismo estendido, non son opcións filolusistas, son formas compartidas coa lingua de tronco común) que merecían estar recoñecidas na norma como preferentes, coma o sufixo patrimonial que indica actividade "-aría". A respecto do contido do artigo, quen non pode concordar con el?! Por certo, ánimo coa iniciativa que denuncia a manipulación na TVG e solicita o cesamento, e mellor sería unha destitución (o cal é utópico), do seu presentador. Eu son un deses 4000, pero ninguén quere falar de nós nos medios. Iso sería recoñecer a capacidade de convocatoria de ferramentas coma o Facebook. Saúde.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles