A virulencia e agresividade coa que o PP se vén empregando contra o idioma contrasta grandemente coa escasa ou nula importancia que que eles mesmos lle dán, como elemento da nosa autoestima e vontade de estar no mundo. Isto debería levarnos a dúas reflexións estratéxicas que nos deberían afastar das interpretacións simplistas. Unha é que o estado actual de emprego do galego non debe ser tan catastrófico como habitualmente se tende a pensar e que o aparato lexislativo que o ampara ben podería resultar, na maior intensidade da súa aplicación, un instrumento útil para a súa revitalización.
A segunda reflexión fai referencia ao que poida haber de manobra de despite ou distración respecto a unha fase da vida social galega en que o galeguismo e a esquerda nacionalistas dispoñen dun discurso fundamentado en temas de economía sostible, enerxía, territorio, vivenda e benestar.
A nosa coraxe en defensa da lingua non debe deixar de medrar e ser efectiva, pero non debemos nin podemos esquecer esoutras malas intencións colaterais.