Parece claro que o vicio de trincar é inherente á condición humana. Do que imos sabendo nos últimos tempos e cos últimos escándalos derívase que o finanzamento dos partidos é só unha coartada máis que utilizan os trincóns para xustificar a súa cleptomanía. Tamén podemos ir debuxando o mapa de acción de corrompidos e corruptores: os concellos, en grande medida, e tamén os gobernos autónomos, seguidos das fundacións e outros chiringos institucionais.
Non deixa de merecer unha certa reflexión que a administración central parece, de momento e crucemos os dedos, blindada. A única diferencia que podemos detectar entre organismos centrais e periféricos ten que ver cos mecanismos de intervención. Por iso, máis ca lexislar sobre o finazamento dos partidos (a lei é clara) cómpre lexislar sobre os mecanismos de control e intervención en concellos e autonomías. Mesmo, no caso dos concellos, habería que pensar en limitarlles competencias urbanísticas. Contra o vicio de trincar, só queda lexislar como terapia preventiva e efectiva.