Viernes, 19 de marzo de 2010 - 22:41 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
01-11-2009 16:47

Asturias defende o que Galicia ignora

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

Seica se fala pouco en Galicia do futuro inmediato da Unión Europea logo da previsible ratificación do Tratado de Lisboa para antes de que remate este ano. A medio prazo, no cada vez máis próximo 2013, modificaranse os criterios para o reparto dos fondos europeos, algo que ven de ser calificado como “aberrante e inaceptable” nunha misiva que sete presidentes de rexións europeas enviaron a Comisión Europea, ao tempo que solicitaban unha entrevista co seu presidente, José Manuel Durao Barroso.

De tódalas autonomías españolas, o único presidente que asina este escrito é o asturiano Vicente Alvarez Areces, que está moi preocupado porque o Principado perderá importantes fondos se se confirma o proxecto da CE. Xunto co presidente do Principado de Asturias, asinan o escrito os da Toscana (Italia), Västra-Götaland (Suecia), Bretaña e Aquitania (Francia) Itä-Uusimaa (Finlandia), e máis das Hébridas Exteriores (Escocia).

De cumprirse o previsto, tan só dentro de catro anos variarán os indicadores que deseñan o desenvolvemento rexional de feito que algún tan importante como o Producto Interior Bruto per cápita será substituido por outros máis desfavorabeis nos que primará a concentración da poboación en base a criterios de competitividade. Na preocupación destes dirixentes da Europa menos desenvolvida, o cambio dos fondos suporán o desmantelamento dunha política rexional europea que supuxo o avance de zonas tan desfavorecidas como Galicia para dar paso a unha reorganización sectorial das políticas europeas das que quedarán ausentes a dimensión e o principio de cohesión territorial. Semella, noustante, que existiría aínda algunha oportunidade se as voces máis necesitadas de Europa, aliadas, conseguen que Durao Barroso asista a unha xuntanza o 27 de novembro, en Marsella, para debater outros criterios para o reparto de fondos.

Sen dúbida Galicia tería algo que dicir neste debate, sobre de todo, tendo en conta o impacto que a crise económica deixará nos nosos sectores productivos e pensando no efecto que a reducción dos fondos fará sentir en sectores básicos para nós, como a agricultura ou a pesca. Porén, e polo de agora, a Xunta está máis preocupada por desfacer o camiño percorrido no lento avance da consolidación da nosa autonomía, por abrir frontes de conflicto con calquera opinión desfavorable, con rachar consensos históricos como o da lingua, ou alianzas estratéxicas como a procurada polo goberno bipartito entre Galicia e Asturias.

Deixar pasar o tempo sen facer nada significará unha resignada aceptación da perda do dez por cento dos orzamentos galegos que é o que supoñen arestora, euro enriba, euro enbaixo, os fondos que Europa nos fai chegar. Con xestores así, o futuro pinta fatal.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
emigrante
2009-11-01 12:32:27
Señora Porteiro preocúpese da Galiza, tratar de poñer de exemplo o goberno máis que corrupto de Areces en Asturias é non coñecer nada e poñer un exemplo de república bananeira, pouco ten que envidiarlle a Feijóo. Compárenos con Catalunya e Euskadi, non co subdesenvolvemento e o caciquismo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers