Domingo, 21 de marzo de 2010 - 9:57 h
Antón Reixa
Artista e escritor
09-11-2009 16:03

'Os satélites' de Galicia

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 33 voto/s

Coraxe. Levaba eu a semana toda perseguido polo nocello de Ronaldo. A axenda informativa ía mudando con vertixe desde o luns: o caso Cobo, o “hamlet” permanente de Rajoy, as alxemas dos implicados na operación Pretoria, o Sitel, a lei Beckam, a traxedia do Alakrana avanzando envelenada contra a fin de semana (manda carallo, a lentitude endémica da xustiza española fixo unha excepción coa detención “express” dos piratas que pode supoñer o destino fatal dos nosos mariñeiros). Pero as noticias sobre o nocello de Cristiano Ronaldo persistían como un serial que sobrevive á amnesia urxente dos titulares da política, desputándolle protagonismo no noso imaxinario colectivo á fusión das caixas (non cumpriría máis política intelixente e máis transparencia contable para discernir o asunto?). Pero non, o problema é que Ronaldo evite o quirófano e que non estea triste sen xogar, pero cobrando. Tanto que disfruta (Cristiano dixit) coa mirada de odio dos espectadores! Non contaba eu coa cura balsámica que me supoñería asistir á gala na Coruña do 70 aniversario de Los Satélites, organizada con sensibilidade e intelixencia por Paco Lodeiro. Los Satélites deberían ser a auténtica orquestra nacional de Galicia. A elegancia cosmopolita dos seus traxes brancos e o seu ronsel misceláneo de sons tropicais, swing e mesmo pasodobres non agresivos constitúen un paradigma de dignidade para este país.

Melancolía. Miguel Anxo Seixas, comisario da exposición sobre o traballo da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson nos anos vinte en Galicia, anima a visitar a exposición asegurándonos que comprobaremos como a cidadanía da época aparecía elegante e fermosa en contraste con aquel contexto de miseria e pobreza. Esa mesma sensación podemos experimentar coa elegancia humilde e virtuosa de Los Satélites. A voz de veludo de Sito Sedes foi para min a mellor vinganza desta semana desquiciada.

Galicia é (e debe seguir sendo) como Los Satélites cando acometen cumbias, guarachas e mesmo o “New York, New York” de Sinatra ou “In the mood” de Glenn Miller. O que nos falta é chegarmos a ser compositores e propietarios dos dereitos da nosa banda sonora.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Manolito, non t´alteres
Vintu
2009-11-09 14:17:23
O peor do teu comentario é que quere ser gracioso e, macho, a ghrasia éche coma a melena, ou se ten ou non se ten. Baila o que che pete, sacha na horta e le La Voz de Galicia a ver se che fixeron unha foto bailando e saes nas "Chapuzas Gallegas" esas...
2
A "Manolo Escobar"
Héctor
2009-11-09 09:16:27
Hai que ver a de tempo libre que tedes os do PP. Os demáis podemos escribir algún comentario "de escaqueo" de cando en vez, pero os "liberados multinick" coma tí semella que traballades por obxectivos; o único que vos falla é que non tedes moito que dicir agás repetir catro consignas baleiras. Iso sí, o de facervos pasar por "defraudados" doutros partidos xa está moi visto, sería hora de que cambiásedes de táctica.
3
Pasodobles e armas de destrucción masiva
Manolo Escobar
2009-11-08 03:07:11
Bueno Antón bueno, eu penso que se deberia de mandar a Carlos Callón a vixiar as orquestas nas festas non vaia ser que esteñan coaccionadas por Gloria Lake and Co. e as pobres ovelliñas que os bailamos estemos hipnotizados por alguun complot da FAES, e se che molesta a monserga de cristiano cambias de canle, miras algo en internete, les un libro (O Quixote ou Sempre en Galiza por exemplo), vas sachar o cebolín ou vas rascar o carallo, ademais sempre sera mellor cristiano que e portuxes, e polo tanto irman, que se fora raul un estranxeiro estandarte do imperio opresor, dan ganas de votarlle o pp ainda sabendo quen son solo para amolar os sabelotodos e posuidores da galeguidade verdadeira coma ti, "pasodobres non agresivos" hai que foderse.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers