Domingo, 21 de marzo de 2010 - 7:10 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
16-11-2009 13:04

Nin excomulgados nin apóstatas

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Considero, como Xosé Bono, que se unha deputada ou deputado fai prevalecer a confesionalidade sobre o respecto aos valores constitucionais, debe deixar o seu escano. E o creo porque o traballo político é de carácter voluntario e ninguén está obrigado a formar parte dunha Cámara lexislativa.

Daquela, cando a circunstancia de ser católico pese en alguén máis que o de ser representante electo do pobo por un partido político, terá que sopesar o nivel de aceptación das obrigas que ambas as dúas circunstancias conlevan, e, libremente, optar pola prevalencia dunha ou outra.

Sei que non é unha decisión doada porque hai cuestións moi sensibles que atinxen a valores ou crenzas morais ou éticas profundamente arraigadas, pero non queda outra que optar cando chega o caso.

Esa liberdade de elección choca frontalmente co que pregoan os voceiros da Conferencia Episcopal, tan semellante a aquela Igrexa dramática e dogmática dos tempos escuros e que se consideraba absolutamente segura de ter a única razón posible.

Grazas a aquel espírito de iluminación, as fogueiras da inquisición mataron unha multitude de seres humanos inocentes por discrepar ou, simplemente, por non secundar a que era doutrina oficial dun momento histórico concreto, recorrendo a unha cruelísima pena de morte para o que hoxe sería considerado un delito de opinión.

As recentes amenazas de incorrer en herexía e excomuñón cos que a Conferencia Episcopal avisa os “pecadores públicos” que ousen votar a prol da lei de saúde reprodutiva en España, sitúanos ante a realidade dunha Igrexa máis mundana ca espiritual, feita á medida dos seus burócratas, que dá noxo, pero que tamén dá medo pola intemperancia e pola intolerancia de que fai gala.

A interpretación da palabra de Deus e da intención dese mesmo Deus sobre como hai que organizar a vida neste mundo é dunha soberbia que merece ser cualificada como pecado capital. Os gardiáns do templo vaticano teñen acumulado no decurso de séculos de historia, demasiados excesos e erros que –en algún caso– rectificaron posteriormente.

Aseguraron que as mulleres eramos inferiores os homes por termos un cerebro máis pequeno. Anatemizaron a Galileo por dicir que era o Sol quen xiraba arredor da Terra e non ao revés, como o sabio anunciara. E, non hai tanto tempo, prohibiron usar preservativos para previr contaxios mortais.

Xa postos a ser xustos, ademais de anatemizar coa excomuñón, a Igrexa debera facilitarlle tamén a apostasía ao resto da poboación que vota as forzas políticas que defenden unha lexislación non inspirada na doutrina da Igrexa.

Porque non é só no Congreso e no Senado onde se dirime este asunto, senón no día a día de milleiros de homes e mulleres que queren ter o dereito a decidir como e cando ter descendencia pero que, cando deciden renunciar, libre e conscientemente, ao cumprimento dunhas normas nas que non cren, a Igrexa non llo permite e, de paso, evita suprimir os seus datos persoais de todos os seus rexistros para que sigan figurando como católicos por sempre xamais, e engrosando as listas de “fieis” polos que esa mesma Igrexa recibe cartos dun Estado laico e aconfesional.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
IGREXA
CARMEN GARCIA
2009-11-16 09:15:44
GUSTARIAME TAMEN QUE DIXERAN QUE RENUNCIAN A ASIGNAZON DOS NO CATOLICOS DOS QUE RECIBEN POR MEDIO DO ESTADO ,E TAMEN DOS CATOLICOS QUE VAN SER NEGADOS POLA IGLESIA CATOLICA. ELES CRENXE OS DONOS DAS ALMAS DE POR VIDA,È SON SO UNHA MACRO EMPRESA INTERNACIONAL ,A CUAL VAIÑE MOI VEN EN ESPAÑA.VOSTEDES COMA POLITICOS DEBERIAN ESVOTAR AS RELIXIONS DOS PARLAMENTOS È PORTANTO DE TODA SUBVENZON ECONOMICA,QUE TRABALLEN PRA COMER,COMO FACEMOS TODOS.XA ESTÀ BEN DE MANTELOS.SON UNS DESAGRADECIDOS,PREPOTENTES,ELES SI SON PECADORES.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers