Viernes, 12 de marzo de 2010 - 14:04 h
Xosé María Lema
Catedrático de Xeografía e Hi...
20-11-2009 00:17

Entre os dous Cirilos, escolleron o malo

3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 26 voto/s

Ollando no filme “Ágora” de Amenábar a bárbara destrución da Biblioteca de Alexandría por fanáticos cristiáns, inducidos polo seu bispo Cirilo coa anuencia do emperador romano, non fun o único en trasladar a escena á Galicia actual, pois hoxe estamos vivindo unha campaña aniquiladora semellante por parte dos nosos gobernantes contra a lingua (e cultura) galegas. ¿Como foi posible que cultos bispos coma o propio Cirilo –que chegou a santo e sería incluso proclamado Padre da Igrexa a fins do século XIX– inducisen á destrución pola destrución só porque as obras alí custodiadas non eran de cristiáns?

Aquela Alexandría era, antes de triunfar o fanatismo, un paraíso de tolerancia onde convivían xudeus, cristiáns, pagáns e mesmo xente descrida, como parece que era o caso da filósofa Hipatia, a protagonista. Sen dúbida foron moitos os espectadores que saíron do cine indignados por tal irreparable perda, aínda que non sei se todos trasladarían a súa indignación a hoxe, co noso idioma milenario ameazado pola acción mentireira dos intolerantes coa dirección asistida do propio Goberno galego.

Ollando aquela seita de fanáticos entrando a saco no templo do saber da Antigüidade disposta a estragar todo, foi inevitable a comparanza. Columnas e andeis polo chan, pergamiños e papiros voando… Cada papiro polo aire eran os folios dos nosos Cancioneiros medievais ciscados por unha ventá á ventoeira. Cada pergamiño rachado eran páxinas arrincadas das Cantigas de Santa María. Cada cacharela no patio eran as obras de Rosalía, Curros, Pondal, Castelao, Cunqueiro, Ferrín ou Rivas reducidas a borralla… Un coñecido intelectual galego dixo que calquera acción contra a lingua é como unha bárbara amputación no corpo humano. E deste noso Goberno só coñecemos amputacións no corpus da nosa lingua: a eliminación da proba de galego nas oposicións, a retirada de subvencións ós libros e ás traducións, as enquisas enganosas no ensino, as ‘galiñolas’, o desenterro da toponimia acastrapada… En fin, agora estamos na tensa espera da pira (¿funeraria?) final: o anunciado novo decreto relegador do galego no ensino e a derrogación da Lei de Normalización Lingüística. ¿Atreverase a facer o sumo sacerdote un acto “depurador” solemne na praza do Obradoiro ó estilo dos autos de fe de Filipe II? A Santa FAES reloucaría contemplando as labaradas, sen dúbida…

O templo do saber de Alexandría quedara convertido nunha corte de ovellas. Boa metáfora. Quizais sexa iso o destino pensado para Galicia: sen lingua, sen identidade, sen caixas… seremos coma ovellas. A san Cirilo de Alexandría non o salvou de ser xulgado pola Historia nin a súa suposta santidade, pois nela figura coma o destrutor de algo que hoxe sería Patrimonio da Humanidade (e tamén coma un dos primeiros antisemitas). Tristes méritos. ¡Que diferenza co outro san Cirilo, o Filósofo (século IX), tan ben querido polas nacións eslavas por ser o salvador e normalizador lingüístico das súas linguas minorizadas! Podendo escoller entre os dous Cirilos, os nosos gobernantes inclináronse polo inquisidor. Mágoa. Eu confésome devoto do outro, o Bo, o que non só lles predicou aos eslavos nas súas desprezadas linguas ágrafas senón que lles creou un alfabeto, o ‘cirílico’, para que as puidesen escribir. Crenzas relixiosas aparte, poderíase pensar en instituír na festividade dos santos Cirilo e Metodio, o 14 de febreiro, o Día da Normalización Lingüística das linguas ameazadas coma a nosa; tamén serviría para recordarlle á Igrexa en Galicia as súas obrigas lingüísticas cos seus fieis galegos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Sí que se atreverán!
Galaicus
2009-11-19 21:51:22
Son os mesmos que entraron en Bagdad e arrasaron co Museo Arqueolóxico e con todo o que encontraron ao seu paso. Actuaron como bárbaros que destrúen sin ser capaces de construir nada (que é hoxe Bagdad?). Por certo, en occidente seguimos a pensar que os bárbaros son os talibáns que destruiron unhas estatuas de Buda, recordan? Nós que destruimos castros ou arrasamos co Museo Arqueolóxico de Bagdad somos, en cambio, o culmen do refinamento e da tolerancia!.
2
DE ACORDO DENDE CUNTIS
Héitor Picallo
2009-11-19 17:31:31
Estou totalmente de acordo co que achega o profesor Lema. É máis, considero que aínda é moi sútil no que atinxe á Igrexa en Galiza (que non galega), posto que esta considerou que a lingua vernácula do noso pobo era o castelán e non o que moitos aínda falamos. Por que persoas como Torres Queiruga, o padre Isorna,... están relegados a segundos espazos do catolicismo? Cando non son censurados, sancionados, amoestados... pola Conferencia Episcopal Española... E todo isto é porque impera o dogma (moral, lingüístico, centralizador). Alén disto, con respecto aos etnófobos (cipaios do "bilingüísmo cordial") eses, á parte de mangantes (posto que consideran que certos idiomas si deben ser aprendidos e outros non) son uns irresponsábeis e desleais co seu pobo (introducen aínda máis cando non difunden o que non é propio). E subvenciónase esa contradición, velaí as xornadas de bilingüísmo "cordial" na Deputación de Pontevedra; cando eses cordiais asistiron agarrados da man de "Galicia" Bilingüe á súa manifestación acompañados de Falange Española (os amantes da galiña azul, que non celeste). Eses mesmos que aos galeguistas (do 36 en díante) lles rompían os dentes a puñadas se non lles seccionaban as falanxes (sic.) ou lles introducián un chumbo na caluga ou no peito. Seica hai que botar vivas ao bilingüismo cordial, porque cordialmente nos mantan... Logo a Igrexa botará por enriba borralla e guindara ao ar un "Te Deum". Eu tamén me quedo co outro Cirilo, mais a fe cada día fica máis lonxe...
3
Artigo oportuno
Xoán Maza
2009-11-18 03:10:04
Un artigo moi oportuno para os tempos que corren en Galicia, co Sumo Sacerdote da Xunta perseguindo o idioma propio. Vin a película e tamén me impresionou ese destruír por destruír, e tamén levei o meu pensamento á Xunta de Galicia actual.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers