Viernes, 19 de marzo de 2010 - 4:07 h
Martin Pawley
Crítico de cine
21-11-2009 22:20

Cineastas contra fascistas

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

No texto de presentación que escribiu para o catálogo o director do Festival Internacional de Cinema de Xixón, José Luis Cienfuegos, advirte xa na primeira liña de que este é un ano “bastante atípico”. Fai referencia á falta da sede emblemática do certame, o Teatro Jovellanos, actualmente en obras, o que motivou a dispersión das proxeccións por outros espazos da cidade; mais calquera afeccionado atento pode darlle a ese adxectivo outras interpretacións. Xixón é o máis prestixioso dos festivais do estado, un acontecemento de culto que combina con coidadoso equilibrio as propostas máis esixentes do cinema contemporáneo con produtos de corte popular sen caer nunca nese perralleirismo característico doutras citas da axenda cinéfila. Xixón é unha visita obrigada para os culturetas, si, mais a súa programación consegue meter dentro das salas setenta e cinco mil espectadores, unha cifra realmente espectacular se consideramos as dimensións da cidade.

É o festival favorito de moitos, empezando por min, mais non vou negar que os contidos xerais desta edición non inspiran gran alegría, en parte pola escasa forza dos ciclos e retrospectivas, con Fatih Akin como principal –e dubidoso– reclamo. Concordamos, pois, con Cienfuegos en que é un ano atípico, quizá mesmo de transición, unha oportunidade tamén para cuestionarse cousas e repensar modelos, en especial nun momento en que coa escusa da crise económica o investimento en cultura é non xa cercenado senón abertamente cuestionado en moitos foros. A falta de entusiasmo sempre queda agardar polas sorpresas. Algunhas relativas, como acontece con Francesca, o filme do romanés Bobby Paunescu que saltou ás portadas dos medios de comunicación de todo o planeta trala cancelación de varios pases no festival de Venecia a pedido da neta de Mussolini, Alessandra, que se consideraba insultada por unha frase do guión e chegou a emprender accións legais para frear a distribución do filme: por sorte para todos a neta e herdeira ideolóxica do líder fascista non tivo éxito.

É doado ver nesta película a pegada d’A morte do señor Lazarescu, a obra mestra de Cristi Puiu que colocou de novo no mapa o cinema feito en Romanía e da cal foi produtor o propio Bobby Paunescu. Contada como aquela a base de poderosos planos secuencia, Francesca conta a historia dunha muller nova –unha deslumbrante Monica Birladeanu– que quere emigrar a Italia na procura dun mellor porvir, un intento que choca con múltiples dificultades, entre elas a de reunir os cartos para pagarlle á xente que lle atopará o traballo e as derivadas dos turbios asuntos nos que está metido o seu mozo. Na liña Lazarescu o filme fai un retrato descarnado, vigoroso e austero, mais non miserabilista, das contradicións que vive un país no que o cambio da ditadura á democracia non supuxo a desaparición da pobreza e da corrupción. Non é xenial, desde logo, mais case o parece comparada coa covarde e por momentos reaccionaria Humpday de Lynn Shelton a inevitábel tontada indie da sección oficial.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers