Martes, 09 de febrero de 2010 - 21:37 h
Millán Fernández
Colaborador
21-11-2009 12:42

Morreu Franco?

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Algo non se fixo de todo ben nun país onde trinta e catro anos despois do calmo pasamento dun dos mais abxectos traidores e ditadores do século XX se celebra misa solemne para honrala súa memoria e a súa destructora obra, onde organizacións continuadoras da súa simboloxía e conglomerado de ideoloxías totalitarias son incuestionablemente legais e onde boa parte dos medios de comunicación prefiren, nin tan sequera, lembrar a data e a figura coa excusa de non remover demasiado vellas pantasmas. Existe aquí, ó meu parecer, unha profunda equivocación que ten moito que ver coa suplantación ideolóxica e a impostura histórica á que nos levaron décadas de esquecemento forzoso pois nun país sen consolidadas estructuras sociais que asumen, por acción ou omisión, tentacións involucionistas o 20-N debería ser día festivo. Aquel de 1975 precipitou o primeiro dos pasos no camiño da traballada recuperación da liberdade e dunha democracia non outorgada de xeito benefactor dende o interior do rexime, como algúns pseudohistoriadores de éxito en ventas e autoproclamados liberais sosteñen sin vergoña, senón pelexada e conquerida polo pobo.

Algo non se fixo de todo ben cando sentenzas xudiciais argumentan, a día de hoxe, que a lingua galega é inútil e, por mor delo, a custodia do fillo correspondelle ó pai que non quere velo escolarizado nun sistema bilingüe, ou cando determinada Igrexa obstínase en que os representantes de todos lexislen en base ós seus preceptos morais, ou cando rúas e prazas públicas levan nome de xerifaltes do franquismo, cando non do propio ditador. Imaxinan, nunha praza berlinesa, unha estatua de Hitler ou de Stalin?

En algo nos debemos trabucar cando se entrevista a un bo número de alumnos de secundaria e a maioría só sabe decir que: “Franco foi un home que gobernou España durante moitos anos, e a salvou dunha catástrofe”. Falla algo tamén cando na maioría destas aulas, nas que se imparte Historia Contemporánea de España, non se chega ó ano 1931. Nin se chega, nin se quere chegar. É tabú. Mellor non saber...ou xa o saberán despois pola súa conta! Non saben que a súa ambición e fanatismo, e o odio que se extendeu naqueles anos, propiciaron que este país se convertese nun enorme camposanto onde aínda fican soterradas preto de 150.000 persoas. Outras exiliadas. Outras esvaecidas nos campos de concentración...

Pero o peor é que nin saben, nin lles deixan saber. Esto é o que alimenta ás pantasmas. Franco morreu, pero está morta a pantasma do franquismo?

millansocial.blogspot.com

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Diccionario galego-ingles