Martes, 16 de marzo de 2010 - 15:05 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
23-11-2009 18:14

Caixas: Quinta opción

9 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 57 voto/s

Nos últimos tempos a maquinaria do poder habelenciosamente administrado pola gran banca está construíndo un gran consenso entre o Goberno e PP, cuxa man executora é o Banco de España. Por detrás do ruído de Gürtel, Alakrana e outras mascaradas que entreteñen a cidadanía cun espectáculo de batalla política aparentemente sanguinaria, estamos asistindo en realidade ao máis grande consenso –ou confabulación– no asuntos que realmente afectan ao reparto da crise e á marcha da nosa sociedade a medio e longo prazo. O consenso na aprobación do FROB e as axudas á banca non son máis que o botón de mostra dun consenso que abrangue a vital Lei de comercio interior, as leis “paraguas” e “omnibus” de Servizos (transposición da directiva Bolkestein: ¿alguén se enterou do seu debate?), que arrasan as competencias autonómicas e poñen os mercados a disposicón das grandes empresas e cadeas comerciais; a supresión do imposto do patrimonio; a cuase supresión do imposto de transmisión e sucesións; a lei de participación do capital privado nas infraestruturas e servizos públicos; etc.

A estas alturas está bastante claro que o obxectivo do vapuleo ás caixas non é un problema técnico senón un gran consenso –mal disimulado– do poder financeiro e os partidos centrais para redeseñar o sistema financeiro nun triple sentido: a) Sacar ás CC AA do medio inhabilitando de facto a súa xurisdicción sobre as caixas; b) Recortar a implantación das caixas para reducir o seu protagonismo e devolverlle espazo e negocio á banca; e c) A medio prazo converter as caixas en entidades con accionistas e reparto de dividendos, abrindo novas oportunidades para a banca. Pobre e miserable papel é o que lles toca ás franquicias dos dous partidos estatais para xustificar o inxustificábel.

En vez de dicir iso con claridade proclámase a indemostrada necesidade de fusionar caixas como un axioma, na mellor tradición tatcheriana: there is not alternative. Primeira trampa, non se demostra a inviabilidade das caixas por separado. Segunda trampa, todas deben fusionar para ser “alguén” no mapa español pero, ¿por que a escala ten que ser a española?. O éxito do sistema alemán asenta sobre as súas profundas raíces “rexionais” e non saen a competir fora. Terceira trampa, na medida en que algunhas entran no xogo “forzan” ás demais a seguir a mesma senda.

O certo é que diante da vertixe dese movemento browniano as opcións que están en xogo en Galicia parecen ser catro: seguir como agora, fusión intragalega, absorción extragalega ou SIP. Ninguén foi quen até agora de demostrar que a primeira non sexa a que mellor responde aos intereses da nosa economía produtiva e do país. Pensando na fortaleza do noso sistema financeiro é bastante claro que iso é o que máis interesa aos aforradores, aos demandantes de crédito e ás nosas pemes, como veño insistindo nos últimos meses. Nunha axeitada xestión de escalas está a fortaleza dun sistema, cunha verdadeira malla de entidades. Desde logo, non hai un “sistema galego” cunha “única” entidade galega e menos sen ningunha.

Se a desculpa fose que unha das entidades non é viábel en solitario entón aínda temos unha quinta opción: mudar a equipa directiva, desfacer posicións e aumentar o “core capital” con cotas participativas subscritas pola Xunta de Galiza e as Deputacións. Unha solución á alemana. l

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Os fondos, mellor do FROB
Discutible polo menos
2009-11-23 17:56:05
Digo eu que se o Estado montou esta leria do FROB, por que van poñer os cartos as institucións galegas? NOn entendo a proposta
2
que se diga
enrique
2009-11-22 22:08:54
Dejémonos de caralladas y que la prensa se atreva a poner en titulares lo que realmente ocurre y que llevo diciendo desde hace tiempo ¡¡ QUIEREN CARGARSE LAS CAJAS !! y no solo las gallegas. Los financieros nunca dan la cara y nuestra clase política callando y/o otorgando.
3
O eixo atlántico
Isabel
2009-11-22 19:08:39
Na miña opinión a fusión das Caixas -ben xestionada cunha idea de confederación de povos ibéricos- podía servir para reforzar o eixo atlántico. Moi posibelmente a situación de Caixa Galicia mellorará segundo se vaia solucionando o concurso de Martinsa Fadesa -maior espera da habitual pero sen quita-. Aproveitaríase a maior experiencia da Coruña como centro financieiro e de servizos para, conectados co núcleo industrial do sur -e as súas relacións co norde de Portugal-, potenciar unha rexión económica real co eixo Oporto. Tampouco creo que se deba esquecer o carácter migrante nato dos galegos -favorecido por unha pésima xestión económica dos poderes públicos e pola pouca ambición do empresariado galego salvo loubables excepcións-. Isto é, temos a base para ter unha maior expansión en España ca o resto de Caixas medianas. Tamén hai que ter en conta que nun SIP -que parece que non vai haber con CAM e Caja Madrid-, podemos acabar nunha fusión. E dame bastante medo a construcción levantina especulativa -ao cabo o turismo en Galiza tende a ser de españois bastante fieis que non buscan dar o pase, a diferencia de moito europeo inversor polo levante-. Tamén hai que ter en conta que para o pequeno aforrador familiar é bastante rendável investir en vivenda en Madrid -xa sei que o dos alugueres non é un gran negocio, pero en Galiza un inmoble de 140.000 € non se aluga por 700 ou 750 euros ao mes, a diferencia do que pasa en Madrid-. A todo isto, segue sen ser público o dato de qué caixas do estado están co core capital baixo mínimos -medo me dá que algunha das nosas caixas puidese acabar como CCM ante a pasividade da outra e da expresión organizada do nacionalismo galego,- como se estivésemos nun Celta-Dépor-. Hai que decir tamén que é unha pena o da CAM, que é coñecida no sector como a entidade máis respeitosa cos dereitos dos traballadores e traballadoras e que máis tende á conciliación -ainda que unha coleguilla antiga traballadora de Banco e non de Caixa, di que desde que traballa na CAM, ainda que lle mellorou a calidade de vida notablemente, morre de aborrecimento pola falta de estímulo profesional-.
4
Caixas de Aforros: minutos decisivos
a furada do trasno
2009-11-22 15:18:38
Anuncia o xornal do norte que nas vindeiras 72 horas tomarase a decisión. A ninguén parece preocuparlle a desinformación e o oscurantismo co que se chega ao momento clave. O importante é sumar opinantes, cantos máis mellor. Vimos reclamando con insistencia que un debate serio require información veraz sobre a verdadeira situación económico-patrimonial de cada unha das dúas entidades. Os únicos datos publicados, a altura de setembro, eran bastante parellos. Core capital: 6,29 Caixa Galicia, 5,2 Caixanova. Tier 1: 8,01 e 7,45. Ratio BIS: 11,14 e 11,84. Morosidade: 4,92 fronte a 4,65. Eficiencia 45,85 para Caixa Galicia e 37,7 para Caixanova. Hai poucos días Antonio Grandío Dopico (http://www.antoniograndiodopico.es), catedrático da Universidade da Coruña, fixo público un informe no que se aventura a indagar para coñecer con máis profundidade a verdadeira situación interna de ambas entidades. É o único intento que en todo o gran debate no que está participando todo o país se ten feito por poñer datos enriba da mesa. Non vou defender aquí este informe. Ao contrario, peréceme frouxo e bastante estrafalario. Agora ben, cando dende La Voz de Galicia, e sobre todo dende Caixa Galicia, se descualifica de maneira radical, deberían achegarse datos para contrapoñer aos contidos nese informe. Nin un só dato, unha simple descualificación xeral ao traballo e ao autor. Á marxe da calidade do seu traballo, penso que Grandío pon enriba da mesa o verdadeiro asunto que Galicia ten que dilucidar: 1. É viable Caixa Galicia?. 2. Nunha fusión intragalega, a achega dunha Caixanova tamén en delicada situación sería suficiente para salvar a Caixa Galicia do abismo en que semella se atopa?. Máis no blog
5
Cortina de fume
caralladas
2009-11-22 13:22:29
Se se me permite, esta é a miña interpretación que publiquei hai uns días en Feijoomente, na mesma liña do que di hoxe Xavier Vence http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/11/cortina-de-fume.html Saúdos
6
Parabens
goris cuinha
2009-11-22 12:41:50
Meus parabens por dar claves que outros queren agochar,este artigo deberiase publicar na portada de todolos xornais de Galiza no canto de adicarse nalguns deses xornais a encirrar localismos Norte Sur.
7
Lean a Xavier Vence
Manoli Fuentes
2009-11-22 09:48:52
Xavier, tes toda a razón. Queren engañarnos a todos. Celebro que Xornal sexa unha VOZ LIBRE para poder saber o que pensan mestres coma ti. Gracias, profesor.
8
Unha atinada proposta
galei
2009-11-22 09:41:41
Unha atinada proposta por parte de Vence. Amarante, si miras a posición da CIG é a que relata Vence dende o principio. Dixeron non ao FROB polos motivos que expón Vence mesmo. No debate fusión si ou non, negaronse a posicionarse dicindo que pretendíase concentrar e privatizar as Caixas, que era un debate trampa. E levan pedindo responsabilidades pola mala xestión non se sabe canto tempo.
9
Noraboa Xavier
Amarante
2009-11-22 08:01:44
Completamente de acordo. Ésa, e non outra, deberia ser tamén a posición do BNG, sen non estivese condicionada e mediatizada polos intereses, netamente sindicais, da CIG.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers