Jueves, 18 de marzo de 2010 - 17:48 h
Martin Pawley
Crítico de cine
22-11-2009 22:27

O pequeno é fermoso

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

apuntabamos onte o complicado equilibrio entre filmes de éxito previsíbel e obras dirixidas a públicos minoritarios que caracteriza a sección oficial do Festival de Xixón. Por cada Liverpool de Lisandro Alonso –xusta gañadora en 2008, e tamén a película peor valorada polo público de Cineuropa– hai sempre algún pasteliño destinado a provocar cálidos aplausos. Así arrancou a xornada do domingo, cargada de boas intencións. Welcome, do francés Philippe Loiret, narra a historia dun inmigrante novo que tenta chegar ilegalmente ao Reino Unido desde a cidade portuaria de Calais.

Bilal, que así se chama, vén desde o Kurdistán iraquí fuxindo da guerra e co desexo de reencontrarse coa súa namorada, que vive en Londres coa súa familia. Despois dun intento frustrado de abandonar Francia oculto nun camión, e consciente de que dese xeito non lle vai ser posíbel chegar ao seu destino, Bilal decide prepararse para unha aventura arriscada e tola: a de cruzar o Canal da Mancha a nado. No seu desesperado esforzo contará coa colaboración dun profesor de natación (Vincent Lindon) que está en pleno proceso de divorcio mais aínda segue namorado da súa esposa.

É evidente que a inmigración é un dos asuntos esenciais do noso tempo e que unha sociedade que babexa pola libre circulación do capital coa mesma enerxía coa que nega a libre circulación das persoas é unha sociedade enferma. A bondade da causa que defende Welcome non a discute ninguén, e mesmo podemos detectar na película algúns aspectos valentes, en particular a súa visión crítica da represión do estado francés sobre as persoas que dan asistencia humanitaria aos inmigrantes ilegais; mais o conxunto é extremadamente previsíbel, telenovelesco e ruda, un produto perfecto para incluír en calquera ciclo de temática social pero exento de virtudes cinematográficas e polo tanto impropio dunha competición do nivel que desexamos para Xixón.

Unmade beds foi pola contra unha agradabilísima sorpresa dentro da sección Enfants Terribles. A segunda longametraxe do arxentino Alexis dos Santos despois de Glue presenta en paralelo as vidas londinenses de Vera, unha rapaza belga afectada pola fin dunha relación de parella, e Axl, un mozo español con certa facilidade para espertar en camas alleas (as camas desfeitas do título) e empeñado en atopar o seu pai, que o abandonara de pequeno. Filme feito para gustar, Unmade beds é unha demostración de intelixencia por parte dun director con oficio que resolve con habilidade e sen complicarse demasiado un relato de encontros, desencontros, amores e amizades guiado por unha banda sonora inzada de cancións destinadas a atrapar o espectador pola vía fácil e cun estupendo reparto no que merece ser destacada a perfecta interpretación de Fernando Tielve, recente coprotagonista dunha das longametraxes de produción galega máis prometedoras do ano que vén, a de Ángel Santos, Dous fragmentos / Eva.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers