Viernes, 19 de marzo de 2010 - 7:40 h
Martin Pawley
Crítico de cine
26-11-2009 23:50

Mentiras e gordas

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Polas diferentes seccións do festival hai varios filmes con comentario pendente, entre eles a primeira gran favorita para os premios, La pivellina, mais en verdade a actualidade das proxeccións ficou nun segundo plano trala feliz noticia que soubemos o martes pola noite: a decisión da Comisión Europea de tramitar de maneira ordinaria e non con carácter de urxencia a Orde Ministerial que desenvolve a Lei do Cinema. Unha orde cociñada por Ignasi Guardans coa intención confesa de reducir o número de producións españolas recortando por onde máis doe ao introducir como criterio esencial á hora de adxudicar subvencións o orzamento dos proxectos e deixar fóra das axudas automáticas aquelas que non son suficientemente caras segundo a mentalidade liberalona do ex-eurodeputado de CiU. O problema é que na UE parecen ter claro que en favor da libre competencia a única xustificación para as axudas públicas son os criterios de corte cultural e non as razóns industriais, e dentro delas deben ser prioritarios os aspectos que admiten ser avaliados de maneira obxectiva.

Disto pode falarlles moito e ben Manolo González, responsábel durante o bipartito da Axencia Audiovisual Galega, que tivo que negociar o modelo galego de subvencións practicamente liña a liña. Un amigo que participou nunha das comisións que valorou este ano proxectos para o AGADIC queixábase de que as bases eran tan ríxidas que apenas había espazo para desmarcarse delas e promover obras á marxe de que se axustasen ou non ao rigorosísimo mandato da Consellería, que premia as adaptacións literarias, as rodaxes en territorio europeo e a pertenza dos cineastas a calquera dos estados membros da UE. Un guión orixinal dun cineasta galego ambientado en Marrocos pode optar ás axudas, mais recibirá con seguridade menos puntos que unha adaptación dun conto de Rafael Dieste rodado en Berlín por unha directora francesa. Isto pode gustarnos máis ou menos, mais esa é a tendencia que impón a Comisión Europea e se é de obrigado cumprimento para as axudas ao audiovisual na Alemaña ou no noso país, tamén debe aterse a ela o Ministerio de Cultura español.

Mais no Ministerio actuaron con soberbia e con precipitación, como se ter anos de experiencia nos despachos de Bruxelas lle dese a calquera carta branca para facer o que lle pete. Ignasi Guardans e a ministra Ángeles González-Sinde cometeron a ousadía de publicar a orde sen agardar polo visto e prace comunitario, e agora fican sen marco legal de ningunha clase para convocar subvencións, cousa que pon dos nervios a xente como Gerardo Herrero, que nunhas obscenas declaracións a El País -matizadas e corrixidas ao longo da tarde, mais sen mudar o esencial do seu discurso- cualifica de idiotas a “algúns” dos Cineastas contra la Orden, plataforma de cidadáns que se opoñen a esta demencial reforma, moitos dos cales -e reproduzo textualmente as súas palabras- “lo único que saben es chupar del bote y hacer películas que no interesan a nadie”. Por se non o sabían, quen di iso é un produtor cuxas longametraxes recibiron millón e medio de euros do goberno galego entre 2000 e 2006.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Está bien de subvenciones
Galagara
2009-11-26 23:09:51
Está bien de favorecer al lobby de los cineastas chupópteros. Si alguien quiere vivir del cine que hagan películas que vendan, y sino, a buscar curro como todo el mundo. Basta ya de arruinar al contribuyente a costa de llenar el bolsillo a directores afines, que ponen el dedo en forma de ceja por delante y por detrás ponen la otra mano para vivir a cuerpo de rey a costa del ciudadano.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers