Martes, 09 de marzo de 2010 - 23:33 h
María Reimóndez
Tradutora e escritora
27-11-2009 13:45

Odios no feminismo?

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

Cada vez que oio a algún sabio mencionar iso de que as feministas/o feminismo odiamos/odia os homes non sei se me pode máis a risa pola ignorancia ou o cabreo pola ironía exacerbada. Tanto ten o moito que os feminismos se esforzasen en facer análises complexas da sociedade e de insistir en falar neses termos, parece que hai algúns que pensan que o mundo das mulleres debe de xirar indefectiblemente ao seu arredor e que, por outra banda, de que imos falar as mulleres senón de cousas pequenas, parciais e irrelevantes. A quen se lle ocorre que as mulleres poidamos falar de sociedade, ou de lingua, ou de economía dun xeito crítico e transformador. Ocórreselle precisamente a quen non ten nin idea do que significa o feminismo, iso está claro.

Pero o máis irónico do asunto é que se diga isto cando vivimos nunha sociedade (atención á palabra: SOCIEDADE) que se algo promove é o desprezo contra as mulleres e todo aquilo que se asocie co feminino. Abonda con acender a tele dez minutos ou escoitar as conversas das cafeterías para constatar o pouco que cambian as mentalidades.

Se non non sería comprensible que as mulleres cobremos menos (será que non valemos o mesmo ca un home, no fondo da mente do empresariado?); non sería comprensible que cada vez que unha muller sae ao espazo público haxa que falar de se é fea, guapa, de se conseguiu o cargo por deitarse con alguén, polas cotas (mesmo cando non as hai, como a nivel europeo) ou polos ciclos lunares (será que en realidade non se considera que teñamos valía suficiente para representar á sociedade?). Non sería comprensible tampouco que nosoutras nos incorporásemos ao traballo e eles case nada ao resto de labores que nin se pagan nin moito menos se valoran, xa non falemos de “paridas”, “conachadas”, “mulleres públicas” e outras perlas da linguaxe. Non sería comprensible que cada vez que as feministas reclamamos algo saian voces a insultarnos (exemplos propios e de coñecidas ditos en público no contexto galego: bruxa frustrada, feminazi, vella resentida, es parva ou comes merda, tes frustracións da infancia... etc.), que se fale de “revanchismo” (revanchismo por pedir que se nos escoite e considere como a metade da humanidade que somos?) ou que se conteste aos nosos argumentos con outros tan sólidos como “iso é unha gilipollez”.

Non sería comprensible tampouco que un estado a día de hoxe nos siga tratando como a menores de idade, deixando que outras persoas decidan se podemos parir e en que circunstancias, ata en que postura. Non sería comprensible que se nos bote a culpa dos delictos que se cometen contra nós. Nin de tantas outras cousas máis.Logo, cando todas esas mensaxes se materializan no brazo executor que te viola, apuñala, bate, incinera, corta en anacos, esgana, dispara, aí rachamos as vestiduras. Pois menos vestiduras e máis reflexión. Menos insultos, menos comentarios estúpidos e máis traballar cara a dentro. Porque nosoutras cambiamos, a base de moitos esforzos persoais e colectivos, a base de moito aturar violencias visibles e invisibles. Cambiamos, loitando contra o que se agardaba de nosoutras, buscando ser mellores e máis libres. E iso non ten nada que ver co odio senón máis ben coa procura dunha sociedade mellor que comeza mirando para dentro, como algúns homes xa entenden. É un camiño complicado, pero tamén o único para erradicar a violencia de xénero.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
sí María si!!!
María
2009-11-27 13:42:36
E non só eso, o feminismo básase no amor que sentimos por nós mesmas, na seguridade en coñecernos e recoñecernos no que somos. Xa está ben de visións en negativo de todo, da muller, da língua, do país. O que de verdade nos move, e nos debería importar e o amor ó que somos, ó que nos une. Xa está ben de tanto odio.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers