Viernes, 19 de marzo de 2010 - 17:22 h
Natalia Alonso
Xornalista
02-12-2009 22:13

Lasciva pureza

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

O sábado, no centro comercial, había unha moza

mercando un póster coa súa imaxe. Na rúa, non resulta estraño cruzarse con mulleres que levan a súa face pendurada no bolso. Mesmo esa esvelta figura aparece bordada en panos de mesa de luxosos restaurantes.

Acapara todas as olladas, é imposible non mirar para ela, contemplar como loce un colar de perlas de cinco voltas coa mesma naturalidade e inocencia da nena que senta en pixama a ver os debuxos animados mentres aloumiña un caramelo na boca.

As luvas negras chéganlle máis alá do cóbado e o cabelo coroa a sima da beleza, mestúraselle nun puño solemne sostido por unha diadema, pero ela semella pensar que ten un xoguete na cabeza, resulta divertido.

Mesmo a perversa pose da fumadora adquire neses dedos un pouso de fraxilidade, languidez, desposesión pero, ao mesmo tempo, curiosidade limpa.

Olla para ti cun medio sorriso e apoia a barbadela na man, semella escoitarte con atención, seguro que tes algo interesante que contarlle.

Así aparece nos carteis, nos bolsos, nos panos usados impresos con beizos. “Era unha noite calorosa, case de verán, e Holly levaba un vestido fresco negro, sandalias negras, colar de perlas. Malia a súa distinguida delgadez, tiña un aspecto case tan saudable coma un anuncio de cereais para o almorzo, unha pulcritude de xabón ao limón...”, así a describe o seu pai literario, Truman Capote. E cunhas gafas de sol e comendo un croissant diante do escaparate de Tiffany’s retratouna para o cinema Blake Edwards. O personaxe de Holly Golightly, a súa lasciva pureza, ese infantilismo versallesco, é hoxe unha icona do glamour explotado ata a saciedade, saltou das páxinas dos libros e das pantallas para transformarse en souvenir.

Ela, a muller que lle chamaba “gato” ao seu gato porque consideraba que non era quen para imporlle un nome, aínda que, logo, buscase ao animal chorando, desesperada no medio da choiva.

Ela que ollaba os diamantes pola súa rutilante beleza e nunca como un símbolo de status, de poder económico. E, ao mesmo tempo, a muller, a actriz, Audrey Hepburn, tamén enfundada na armadura do mito, roída agora polos vermes da gloria. Hepburn foi ademais un dos primeiros rostros coñecidos que saíu publicamente en defensa da loita contra o SIDA, causa da que este martes celebramos o seu día mundial, e concienciar así, a través da súa fama, á opinión pública. O ser humano é dende logo ben contradictorio. Para implicarse de xeito masivo nunha ardua batalla precisa primeiro que lla envolvan en papel de celofán e se é coa face dunha estrela que nos alumee o camiño mellor que mellor. Pero non serei eu quen o critique. Debo confesalo. O sábado, no centro comercial, eu era a moza que mercaba un póster coa súa imaxe. Agora téñoo pegado no cabeceiro da cama, no lugar de Cristo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers