Lunes, 15 de marzo de 2010 - 8:14 h
Antón Patiño
Artista plástico
04-12-2009 11:28

Galicia e os non-lugares

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

Conseguirán facer de galicia unha simbólica terra erma? Un non-lugar? Como dos que fala Marc Augé: espazos anónimos de tránsito (no tempo da amnesia programada). Figura que o ideal neocon para o país é sinónimo de desarraigamento. Actitude discriminatoria fronte ao idioma propio, salientando deseguido o carácter subalterno da cultura galega.

A reflectir situacións de marxinación que figuraban superadas: precisamente un lendario libro de Valentín Paz-Andrade chamáse La marginación de Galicia. O emprendedor intelectual foi membro dunha xeración que dedicou a vida a “facer país”.

Agora hai quen tenta destacar no sentido contrario. A deconstrución dun tecido simbólico elaborado ao longo do tempo, cara desfacer a memoria (nun exercicio de ventrilocuismo ideolóxico).

Esquencen unha lúcida reflexión do antropólogo Claude Lévi-Strauss: “Cada cultura nútrese dos seus intercambios con outras. Pero é preciso que ofreza certa resistencia. Sen ela deixaría axiña de ter algo en propiedade para intercambiar.”

Coidabamos que as escuras lendas (as caricaturas derivadas da xenreira), as aldraxes contra nós xa pertencían ao pasado. A discriminación feita de chistes e ruíns inxurias.

Mais voltan coa mesma leria.

Poderá ser algún día rosadíez o equivalente dunha expresión despectiva? Non cremos que a cousa chegue a tanto: dificilmente poderá pasar a historia.

Montar un chiringuito político ten estas cousas. Ás veces a xente para pedir o voto (e acadar visibilidade) recorre a estratexias ben raras e provocadoras. Estivo hai pouco na Coruña e seica utilizou a expresión: “muy gallego en el sentido peyorativo de la palabra”. Logo aos poucos días volta á carga cunhas declaracións contra o idioma galego, no que figura unha extremista teima anticonstitucional contra os dereitos que temos ao uso e protección institucional do noso idioma.

Non serve xa que logo o argumento tan gastado dende a recorrente consigna que recitan coma un mantra: os-idiomas-non-teñen-dereitos-son-os-cidadáns. Que repiten de memoria coma papagaios ben adestrados: a xeito de patética ladaíña.

Tan sinxelo como dicirlle a estes sofistas afeccionados: somos cidadáns e temos os nosos dereitos a falar e conservar o noso idioma propio. Non queremos aturar máis parvadas derivadas dun seu integrismo excluínte (que relembra ao franquismo).

Outra nova deste tempo chafalleiro: o episodio xacobeo de Google é unha boa mostra de cómo a tecnoloxía pode ser un atranco para ver a paisaxe. Unha pantalla de opacidade sobre a natureza.

A propaganda pode estar baleira: o camiño cómpre andalo. Non hai atallo posíbel. A visión dunha estrada e da paisaxe dende as beiras ten moito dos simulacros tecnolóxicos que denunciara Baudrillard. O aspecto positivo desta anécdota é que amosa (ben ás claras) que onde estea a paisaxe real non ten nada que facer o mundo virtual.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
renacer da auga
galego
2009-12-04 00:35:56
Creo que non, porque a terra da Galiza seguirá fecunda polos temporales dos nosos mares Atlántico e Ártabro. Sin dubida o idioma e a semente, os mariñeiros tamén, pero ...o futuro ven duro, moi duro pros que amamos os nosos mares a nosa terra e a xente falando galego.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers