Sábado, 20 de marzo de 2010 - 5:31 h
Carme Adán
Deputada do BNG
03-12-2009 20:42

Gastronomía política de vangarda

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 26 voto/s

Nunca pensei estar tan preocupada pola gastronomía galega. Aínda que sempre lle recoñecín a súa importancia como parte da cultura non cría que a posición dun goberno sobre ela poidera ser tan ilustrativa das liñas políticas globais el. Mais a realidade sempre sorprende. Vivimos un momento no que simultaneamente se elimina a cociña galega de vangarda dos centros de ensino e se presenta como grande inicio do Xacobeo gastronómico un portal de gastronomía galega.

Que estraño todo arredor deste portal. Primeiro o Conselleiro de Cultura considera que será o espello da Galiza gastronómica no exterior e logo as meigas da informática piratean os logos e fica sen imaxe institucional. E ante estes feitos varias son as posibilidades que podemos albiscar como explicación.

En primeiro lugar que ao estar o portal exclusivamente en castelán este goberno tan comprometido coa defensa do plurilingüismo decidirá darse un tempo para ver se consegue introducir algunha receita na lingua na que estas se crearon e de paso traducir algo ao inglés. A segunda posibilidade é que o departamento de cultura preocupado por dar unha imaxe de posmodernidade preguntara porqué non hai receitas actuais –xa sabemos, das deconstrutivas– e obtivera por contestación que para deconstruír teñen preferencia os servizos sociais, educación e sanidade. A terceira posibilidade é froito dun afondamento epistémico na segunda, as autoridades preocupadas pola adxectivación en moitos foros especializados de cosmopaletismo tomaríanse un tempo para valorar se pode deberse ao sumatorio de incorreccións e tópicos, como por exemplo o da matanza do porco, que compoñen o seu contido. E como última opción, e pensamos que é a máis factíbel, é que entre as receitas tan galegas que se propoñen como a Langosta con Chocolate ou as Cocochas estivese agochado o segredo do propio goberno.

Os novos e novas xestores tiñan unha receita nova para desenvolver a máxima “facer máis con menos”. Fóra modelos e ideoloxías e bótese outro condimento á pota para conseguir un mellor caldo. Cal? O da nova xestión eficiente, que ao igual que as receitas dos grandes cociñeiros non se desvela o seu segredo –lembremos que as cociñeiras adoitan ser pequenas porque só fan comida familiar durante todos os días toda a vida e sempre comparten as receitas–.

No entanto, agora que a cocción comeza grazas aos primeiros fogóns dos vindeiros orzamentos un cheiro vagamente coñecido espállase por doquier. A sanidade irá privatizándose comezando polo sur de Galiza, péchanse as oficinas de I+B nun ataque de máxima austeridade e xa se afirma claramente que os centros de día serán privatizados. E iso que a pota aínda non comezou a ferver e xa recoñecemos o unto rancio. Agora entendemos porque no portal se elixiu para a receita do caldo galego unha de 1905 que nos retrotrae á idade do unto e elimina a vangarda da nosa produción culinaria.

A receita é ben coñecida: privatizar servizos construídos con cartos públicos condimentando coa especie “eficacia na xestión” o que é busca de beneficios.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers