Lunes, 22 de marzo de 2010 - 5:06 h
Noela Rey Méndez
Periodista
03-12-2009 22:07

Medos na cabeza do Celta

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

As augas baixan máis que revoltas por Casa Celta. O equipo semella cada vez máis afundido na parte baixa da clasificación e, o que é peor, parece que caeu nun estado de depresión e autocompadecemento. Aos de Eusebio non só lles fallan as forzas sobre o céspede, senón, sobre todo nas súas cabezas. E o primeiro gran damnificado desta situación é, precisamente, o técnico celeste. O director deportivo, Miguel Torrecilla, nin confirma nin desmente que teñan ratificado ao adestrador. E isto xa non se sabe se é bo ou malo, porque a sabedoría futbolística sinala que técnico ratificado, técnico que fai as maletas na seguinte xornada. Así pois, Eusebio Sacristán ten mañá en Girona unha auténtica proba. O Celta ten que gañar ou... gañar. Non valen medias tintas. Porque, se non, como di o tópico, non vai comer o turrón en Vigo. Hai dúas temporadas, o Deportivo de Miguel Ángel Lotina marchaba nos postos baixos a estas alturas do ano. Xogaba ben, pero non gañaba. Sóalles a historia? Pois o que fixo o de Meñaka foi cambiar o sistema, deixarse de 'jogo bonito' e apostar pola eficiencia. O resultado, que o club herculino rematou a temporada na novena praza. Quizais Eusebio debera facer o mesmo. Deixarse de experimentos atacantes e fútbol de toque, que na Segunda División non adoita funcionar, e apuntarse á filosofía resultadista. Porén, o traballo máis complexo do de La Seca non está na táctica, senón na área psicolóxica. Un equipo tan novo como o seu ten moitas posibilidades de afundirse nos propios medos. Quizais podería facerlles chegar a sabedoría do filósofo alemán Schopenhauer que dicía que “quen perdeu a esperanza, perdeu tamén o medo”. Pois que así sexa, a xogar sen temores e sen complexos en Girona e gañar os tres puntos. “Despois de moitos días escuros, virá un sereno”, Tibulo, poeta clásico.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers