Sábado, 20 de marzo de 2010 - 7:04 h
Antonio Campos
Ex diputado socialista
03-12-2009 20:42

Non baixar a garda fronte á sida

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

Esta semana voltamos a facer ao VIH obxecto de atención. Dos aproximados 80.000 casos que reporta España dende 1981, sobre un 53% faleceron. Compartir xiringas para consumo de drogas representou un 52% das infeccións. Relacións heterosexuais sen protección un 24%. As homosexuais un 18. A súa nebulosa inicial alimentou unha orixe manipulada en probetas da CIA ou da KGB. Os biólogos sinálannos unha invención antiga da natureza. De feito hai casos en África datados en 1959 e neste continente o descubrimento en 1989 dunha variante do VIH parece mostrar que a infección era xa latente no continente un século antes de que xurdise a epidemia. Epidemia que mudou nos últimos anos, e esixe unha adaptación dos programas preventivos e para a detección precoz. Os tratamentos antirretrovirais lograron, polo menos en occidente, que o paciente seropositivo pase a ser un enfermo crónico. É doado coñecer se se porta o virus mediante unha sinxela proba de laboratorio. Unha decisión persoal e voluntaria. Achega tranquilidade, evita a transmisión, leva a unha correcta atención médica e permite, en caso positivo o tratamento axeitado prolongando a supervivencia.

Galicia ten unha taxa de infección inferior á media estatal segundo datos do informe de incidencia do VIH entre os anos 2004 e 2008. Taxa que se cifra en 74 casos por cada millón de habitantes, con dous extremos, Pontevedra con 92 casos por cada millón de habitantes e Lugo 27. A media do Estado é de 86 casos por millón. O Dr. Pedreira, xefe de servizo do CHUAC, un dos máis cualificados expertos do país, advirte “que aínda que a evolución da sida en Galicia mantense estabilizada, case a metade dos diagnósticos se producen de forma tardía, cando as defensas do enfermo están xa moi debilitadas”. Tamén alerta, “aínda que a nivel mundial o sida está estancándose, cunha diminución do 10% no número de falecidos e unha redución das novas infeccións do 27%, non acontece o mesmo no ámbito europeo onde están a aumentar case ata duplicarse os casos, e a nos vainos pasar o mesmo”. Pon de relevo, “deixou de ser un mal vencellado á adicción ás drogas para converterse nunha enfermidade de transmisión sexual”. “No caso de A Coruña, o 72% das transmisións foron por esta vía en 2009”. Coas novas alentadoras na incidencia, houbo certo relaxamento nas campañas de prevención do VIH, e nos riscos das relacións sexuais, fronte ao “éxito marabilloso” acadado con iniciativas, como as narcosalas. O condón é, fóra de toda dúbida, a prevención máis segura fronte á transmisión do VIH. Así o avalan diversos estudios realizados. Un estudio publicado en 1994 demostrou que o uso axeitado do condón evitou o contaxio en 124 parellas heterosexuais, nas que un dos dous estaba infectado, a pesar dos máis de 15 mil encontros sexuais vaxinais ou anais que houbo entre eles. A eficacia dun condón, en condicións ideais de laboratorio, é superior ao 99 por cento. E isto é así, diga o Vaticano o que diga, que de seguro, dentro dun século pedirá perdón polas súas campañas ao respecto. Tamén hai un aspecto a coidar. O referido ó 19% dos novos diagnósticos de infección por VIH que engaden persoas orixinarias doutros países. Compre adaptar programas específicos axeitados a poboación emigrante. Tendo en conta as súas características sociais e culturais heteroxéneas, e a súa especial vulnerabilidade, especialmente no caso das mulleres. Pero, sobre todo é necesario non baixar a garda. O VIH non é un tema resolto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers