Domingo, 21 de marzo de 2010 - 9:13 h
05-12-2009 14:19

Unha reforma constitucional baseada no federalismo

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

A Fundación Iniciativas21, o laboratorio de ideas ligado ao PSdeG e dirixida polo profesor Ramón Maíz, presentou o pasado martes en Compostela a declaración ‘Construíndo a España Federal’, un manifesto ao que xa se teñen adherido diversos académicos e membros da sociedade civil. Dende esta fundación avógase neste aniversario da Constitución por un desenvolvemento do Estado das autonomías así como impulso do federalismo nun momento de risco no que se pode volver ao centralismo.

Neste senso, a iniciativa destaca que “o Estado unitario e centralista demostrouse ineficaz e inviable para gobernar a España plural formada por diversas identidades, tradicións e territorios con vocación de autogoberno”. Así mesmo, segundo recolle o documento “chegou o momento de reforma constitucional”. Un proceso de reforma que ten que facer compatible a unión e a diversidade dos pobos que compoñen España, e a para iso a mellor maneira de realizar este camiño é a través do “federalismo plural”.

O documento que defende un Estado federal avoga polo recoñecemento das distintas nacións e rexións que coexisten en España, formulando un concepto de “España non excluínte” como nación de nacións e rexións, quetamén son na súa esencia plurais. Neste sentido, tamén se demanda unha reforma que converta ao Senado nunha Cámara territorial efectiva e que actúe como órgano multilateral.

A declaración apoiada por Iniciativas21 está de plena actualidade ao defender o avance na reforma de todos os estatutos autonómicos, apoiando tamén o recoñecemento das nacionalidades dentro do Estado, un dos problemas polos que as forzas políticas galegas non son quen de chegar a un acordo de cara a un novo texto estatutario.

Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana e Alberto Núñez Feijóo intentaron no 2007 selar un acordo sobre a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia pero a posibilidade de que se incluíra o termo “nación” como denominación de Galicia foi unha cuestión rexeitada frontalmente polo PP. Daquela, as conversacións quedaron en suspenso, a pesar de haber consenso por parte das tres forzas políticas na maior parte do novo texto estatutario.

A realidade socioeconómica actual fai que o Estatuto de Galicia aprobado en 1981 deba ser adaptado. Neste senso, contar cun estatuto ao nivel do catalán –un estatuto de nación consensuado– suporía un gran avance democrático para Galicia. Pero para que a reforma estatutaria prospere é preciso que haxa un amplo acordo de todas as formacións políticas.

Neste contexto, a proposta de ‘Construíndo a España Federal’ que defende a cultura federal como sinónimo de cultura do pacto, parece un marco axeitado para levar a cabo as reformas estatutarias e constitucionais. Pois parece conveniente un amplo consenso político e social que lexitime o progreso da democracia española, tal e como sucedeu durante a transición.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Feliz idea de moi dificil realización
Emilio
2009-12-05 13:02:26
Sóame ben o manifesto e a intención de ir cara un Estado federal, tamén iso de España nación de nacións e rexións, pero non concordo en que o único atranco para avanzar nesa dirección estea no PP. Ao meu entender nen o País Vasco nen Cataluña están dispostas a renunciar: o País Vasco ao seu réxime de financiamento que o exclúe da solidariedade e Cataluña á vía iniciada co seu novo Estatuto que vai na mesma dirección. Por moito que coma eles sexamos una nación e poidamos ter por ese lado intereses comúns, o certo é que no plano económico todos os pasos dados neses territorios van en dirección contraria aos intereses de Galicia e desde o plano político e institucional o que prevalece é una visión bilateral segundo a cal o que non son eles é un todo amorfo chamado España con sede en Madrid. Para que unha iniciativa deste teor poida ter visos de éxito sería necesario que o movemento avanzase desde múltiples territorios incluidas, claro está, as outras dúas nacionalidades, pero moito me temo que algo así non lles interese. E o feito ata o momento incluido o novo estatuto catalán así o confirma.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers