Domingo, 21 de marzo de 2010 - 7:09 h
Xosé María Lema
Catedrático de Xeografía e Hi...
04-12-2009 11:44

Antes tería que mudar o curso do Amazonas

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

«Resulta evidente que a lingua é unha realidade social que se prolonga no tempo, máis alá da vida dun home ou dunha xeración. E tamén é obvio que, normalmente, as persoas lles transmiten a lingua ós seus descendentes de forma inconsciente. Deste xeito, desde hai máis de mil anos o galego vén sendo obxecto de transmisión e entrega por parte das sucesivas xeracións de cidadáns deste país.

Isto non é un impedimento para afirmar que, ó longo da historia, moitas persoas tiveron a intención deliberada de conservar e de lles ensinar o galego ós seus fillos calquera que fosen as circunstancias económicas, políticas e sociais que lles cadrou vivir.

Este é o motivo polo que cremos que esta é unha boa ocasión para que, como manifestación de respecto á nosa lingua e ós seus falantes –especialmente ós que contribuíron a que perdurase o galego a través dos tempos-, fagamos da tradición de lles ensinar o noso idioma ós fillos un acto de vontade deliberado e consciente. E, nesa idea, qué pode haber mellor que formalizar ese acto na declaración individual máis solemne que prevé o dereito: unha manda ou disposición testamentaria.

Perséguense con isto dúas finalidades: a primeira, subliñar simbolicamente a nosa vontade xeracional de que o galego continúe a ser a lingua dos nosos fillos e do futuro do noso país, porque nun contexto histórico no que –diante da acelerada evolución das ciencias e da tecnoloxía- tantas cousas se volven incertas, é bo volver a mirada ó principal instrumento de comunicación entre os homes destes país, á primeira ferramenta de expresión das nosas ideas e da nosa cultura; en segundo lugar, recuperar para o galego determinados ámbitos da nosa vida, en conexión co pasado. Hai actos xurídicos que materializan decisión básicas da vida dos cidadáns, como son as compravendas, os casamentos, os porfillamentos, os préstamos, as doazóns etc., ós que debemos trasladar sen máis demora a utilización do noso idioma. Con máis razón, o testamento, expresión solemne da derradeira vontade dunha persoa, é o acto xurídico no que máis aprema o uso do galego. É necesario que, neste contexto, chamemos á responsabilidade dos notarios, avogados e demais xuristas desta terra, porque a súa contribución a esta tarefa é obrigada».


Eu só fun o simple transcritor deste texto, pois o seu autor foi o mesmísimo presidente da Xunta. Non o actual -que ninguén o crería-, senón o anterior do anterior, o predecesor de Touriño: Manuel Fraga Iribarne. É o contido da presentación da campaña ‘Non desherdes a túa lingua’, promovida no ano 2002 pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta e o Concello de Redondela para impulsar os testamentos en galego. Publicaríase nun libriño (Un futuro para a lingua; 2002) no que máis dun cento de persoas redactaron breves mandas testamentarias en galego. Na páx. 107 está a do propio Fraga, cun parágrafo que non só nos fai lembrar a Cunqueiro senón tamén ó mesmísimo Castelao:

«Ítem máis, que a fala que herdei dos meus devanceiros da Regueira, en Regoaveso, siga a medrar nos labios do meu pobo polos séculos dos séculos; cantareira e popular, como un día de festa maior, culta e románica, coa mesma altura e grandeza da Santa Igrexa Catedral do Noso Señor Santiago, principio e fin de todos os camiños de Europa».

O noso idioma non tivo avances significativos nos dezaseis anos de Goberno fraguista, entre outros motivos porque nunca se realizou unha política lingüística digna de tal nome, maiormente apoucada e ‘pasota’, aínda que é de salientar que fose o Goberno Fraga, con Feijóo como vicepresidente, quen pulase por redactar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que no seu día, por unanimidade, apoiou o Parlamento de Galicia (Doc. Núm. 17629, BOPG núm. 622 do 07.09.2004]. Pero o certo é que, polo menos, o de Vilalba non pasará á historia por unha actitude hostil e destrutora cara á lingua galega na súa etapa como presidente da Xunta de Galicia (outra cousa fora a súa etapa como ministro de Franco) como a iniciada polo goberno do presidente actual, a quen xa ninguén imaxina asinando textos coma estes. Antes tería que mudar o curso do Amazonas (e abofé non me importaría enganarme).

 

 

 

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers