Lunes, 15 de marzo de 2010 - 1:25 h
Millán Fernández
Colaborador
04-12-2009 23:34

Solución federal

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 22 voto/s

Estariamos na irrealidade si non foramos quen de recoñecer e suliñar os logros en termos de progreso e benestar colectivo derivados da entrada en vigor do actual marco constitucional, tamén no que atinxe á descentralización política do Estado. Tampouco seriamos honestos con nós mesmos si non recoñeceramos os déficits, imprevisións e conflitos abertos dende ese momento por falla (deliberada) de concrecións como, por exemplo, no aspecto financieiro. Todo é perfectible. Pero para que unha sociedade avance en consoancia coas súas normas fundamentais e o seu tempo debemos estar predispostos e preparados para afrontar debates substanciais de xeito maduro evitando, no posible, calquer intento de tensión que sobrepase os límites aceptables en democracia.

Pode parecer inevitable un cercano futuro de palabras grandilocuentes e demagoxia barata servida no almorzo, no xantar e coa cea nas tertulias de radio, nas declaracións partidarias, nos editoriais de prensa ou telexornais, Salsa Rosa ou foros de internet onde o menosprezo ós “cataláns”, “vascos”, “galegos” e ós “españois”, de calquera das dúas xeladoras Españas, sexa a tónica habitual en cadanseu espazo e onde o menor atisbo de racionalidade entre o fogo cruzado de nacionalismos radicalizados, excluíntes e antagónicos coloque na sospeita permanente a quen ouse abrila boca. Debates decimonónicos, rancios...O de sempre, cos de sempre como anunciadores da catástrofe disgregadora. Esta é a situación que se presenta si o TC resolve como se filtrou: manifesto encorsetamento normativo ante a dinámica de bloqueo político e fracaso, tamén manifesto, no noble intento “pedagóxico” de mudar a cultura política para ir conquerindo a aceptación dunha pluralidade e plurinacionalidade reforzadora e potenciadora dos mecanismos de cooperación multilateral que fose capaz de ir desactivando e invertindo a tendencia ó vitimismo duns nacionalismos que se retroalimentan visceralmente entre sí. En definitiva: síntomas claros de esgotamento no modelo do Estado das Autonomías, tal e como o coñecemos.

Ante o que para min é unha evidencia non hai unha receta única nin unha solución incontestada, pero si desdramatizadora: outros lugares do mundo souberon resolver este tipo de problemática adoptando a solución federal. Decididamente federal. A Historia mostranos como os proxectos maximalistas dos nacionalistas españois, sexa o unificador ou os periféricos, fracasaron. Pero a solución autonomista tampouco parece satisfacer...

O federalismo non é o punto de chegada que resolva o eterno problema do encaixe territorial no seo dunha realidade histórica e xeográfica, pero tremendamente plural como é España, senón un proceso e, ante todo, unha conducta baseada na reordenación e revisión constante dos pactos e dos acordos entre iguais. Tamén na corresponsabilidade. Maior e mellor democracia unindo na aceptación dunha diversidade recoñecida e defendida por todos, aínda sendo asimétrica, e fomentando a efectiva participación cidadá. Difuminando as tradicionais estructuras sustentadas nas vellas xerarquías piramidais para entender as relacións de maneira horizontal, como xa as entende a sociedade cosmopolita do noso tempo: en rede. Desbotando e difuminando conceptos obsoletos, como o de soberanía. Outorgando confianza e mutuo recoñecemento entre poderes locais e central. Sendo máis eficaz, flexible e económicamente sustentable, ou viable...

En resumo: resulta a fórmula axeitada para articular o funcionamento cotiá nos estados occidentais do SXXI. Na miña opinión é a reforma pendente e necesaria. Non é novidosa, pero ante a tentación recentralizadora e as veleidades independentistas presentarase cedo o momento oportuno para acometela.

millansocial.blogspot.com

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
2009-12-04 20:31:53
moi bo, coma sempre millán.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers