Sábado, 20 de marzo de 2010 - 12:01 h
María Xosé Porteiro
Xornalista
07-12-2009 16:38

Nova caixa rumorosa

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

A trancas e barrancas o difícil obxectivo da fusión entre as caixas galegas leva producido tantos silencios e contradicións como despistes e falla de argumentos verosímiles. No mes de xuño a mesma Xunta que hoxe clama por unha fusión en clave local-galega, propugnaba que se fixese con caixas externas argumentando que a fusión entre as nosas impediría cubrir a morosidade cos recursos propios e terían de ser recapitalizadas. Ninguén explica que mudou en tan pouco tempo para pasar dunha opinión á contraria, mesmo sabendo que a medida que se vai andando o camiño aparecen pedras debaixo das que se agachan sorpresas ou secretos que ninguén desexa facer aflorar –por aquilo de non deixar á vista as propias vergonzas. A estas alturas do partido, haberá que preguntarse que están argallando os Gardas do Templo da galeguidade institucional asegurando que só pode haber fusión entre as caixas galegas, porque así plantexado semella que estivésemos perante un problema identitario máis que diante dun asunto de cartos, por dicilo de xeito que se entenda. O que non se percibe é que se trate dunha diferencia ideolóxica porque hai opcións para tódolos gustos. Na socialista Andalucía levan máis dun ano abordando a fusión entre Cajasur e Unicaja e o Decreto Lei que ven de aprobar o seu Parlamento deixa aberta a porta a máis posibles fusións interterritoriais. Na semi-socialista Cataluña só xogan as caixas propias e hai acordo entre as de Catalunya, Tarragona e Manresa, cun plan de integración pactado cos sindicatos que contempla o recorte de 395 oficinas e 1.300 traballadores, e, se todo segue así, no segundo trimestre do ano próximo nacerá a cuarta caixa española. No ámbito do PP están os casos de Castilla León, Valencia e Galicia, e tampouco hai unha doutrina única. En Castilla León todo son boas palabras de sindicatos, empresarios, políticos e xestores de Caja España e Caja Duero –por certo, asesorados tamén pola consultora KPMG– que van chegar ao 31 de decembro co seu proxecto de fusión en condicións de acollerse as medidas do Fondo de Reestruturación Bancaria. En Valencia traballan para crear unha grande entidade resultante da unión da valenciana Bancaja coa alacantina CAM e máis con Caixa Ontinyent, deixando para unha segunda fase a veciña Cajamurcia. Neste caso dase unha similitude co caso galego por que a Generalitat ten que resolver a tradicional disputa localista entre Valencia e Alacante. E en Galicia, xa se sabe.

Preguntados por isto da territorialidade, o socialista José Blanco, dixo que de resultar unha única caixa de aforro galega, debe ser sen perder cota de mercado, para gañar solvencia e sen deixar traballadores na rúa. Algo moi semellante dixo logo Mariano Rajoy, que marcou tres criterios nesta orde: primeiro, solvencia; segundo, competencia; e, terceiro –e final– territorialidade. Seica andan algo desencamiñados porque no Fogar de Breogán xa dixo o xefe da tribo que prevalecerá a galeguidade da entidade resultante por riba de calquera outro criterio. Ánimo, pois, aos voceiros de Méndez e Gayoso, electos alcaldes de Coruña e Vigo porque iso despexa o camiño para xogar o segundo tempo do partido: galega, si. E a continuación, Viguesa? Coruñesa? Quen aporta máis ao PIB, quen xera máis actividade económica e máis aforro, quen ten máis peso?

Que non pare a festa! E, por certo, o Celta e o Depor son equipos galegos, galeguistas, españois ou cósmicos?

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
¡Non compares!
Juan
2009-12-06 22:36:34
O Celta e o Deportivo xogan en distintas ligas. ¡¡ Non comparemos nin mezclemos !! ¡¡ Nada que ver !! ¡¡ Por favor !!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers