Lunes, 22 de marzo de 2010 - 3:12 h
Natalia Alonso
Xornalista
10-12-2009 11:59

A renuncia de Aminetu

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Cústame moito atoparlle o matiz glorioso á palabra renuncia, entender que calquera tipo de inmolación poda ser sinónimo de triunfo, digna de bágoas redentoras. A morte sen loita previa por vivir é un camiño tépedo, incapaz de cuspir unha feble ringleira de luz, só pode acubillar xenreira, non nos transmite ningunha ensinanza. Non sei cal será a situación da activista saharaui Aminetu Haidar cando vostede apreixe estas páxinas nas súas mans ou cando deslice os ollos sobre a pantalla, cada segundo conta, o tempo é auga que flúe, auga que esvara. Pero si teño claro que Haidar ten moito máis que aportarnos coa súa vida, coas súas verbas a prol da liberdade e os dereitos humanos, que coa súa morte. Esa folga de fame retransmitida en directo coa minuciosidade e co morbo dun reality show non está a servir para que matinemos na fondura do conflicto do Sahara, o debate estase a desprazar e o epicentro da polémica sitúase agora en se o Goberno dun estado como España ten dereito a obrigar a vivir contra a súa vontade, a unha cidadá estranxeira que se atopa engaiolada nun aeroporto, tamén sen desexalo, só porque as súas ideas resultan demasiado incómodas para algúns. Coido que se Haidar quere morrer debe morrer. Acaso, moralmente, o dereito á vida non leva implícito o dereito á morte? Agora ben, se cadra, a cuestión realmente salientable é outra ben distinta, a morte de Aminetu é útil para derribar os obstáculos que denuncia? Esta activista leva vinte anos loitando polo dereito de autodeterminación do Sahara Occidental, ocupado por Marrocos dende 1975. Estivo desaparecida nun centro secreto e foi sometida a todo tipo de torturas e vexacións, pero despois de caer, Haidar ergueuse transformándose en todo un símbolo da loita contra a opresión do seu pobo. En 2005 foi galardoada co V premio Juan María Bandrés da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado e nunha das súas contadas declaracións ante os medios de comunicación afirmaba “sei que co meu traballo defendo outras voces reprimidas que non poden chegar tan lonxe e iso axúdame a superar o medo”. E velaí está a clave, a voz de Haidar é precisa. Esta muller que pasou horas eternas cos ollos vendados, día e noite, torturada con descargas eléctricas, mollada con auga en xeo na intemperie do inverno, non pode agora tirar a toalla, non pode darlle a guerra por vencida ao réxime de Marrocos. Agora máis que nunca a voz de Aminetu debe voar libre, escoitarse limpa porque, do contrario, un silencio tépedo, igual ca morte, estenderase polo deserto sen ningún tipo de ensinanza, só para acubillar xenreira. Cústame moito atoparlle o matiz glorioso á palabra renuncia.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
2009-12-10 00:03:31

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers