Domingo, 14 de marzo de 2010 - 19:20 h
Rosa Aneiros
Escritora
11-12-2009 14:15

Covarde

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Nun graffiti ás portas da facultade de Dereito en Santiago pode lerse "Non me maltrates, covarde". Non é unha súplica, tampouco un lamento. Velaquí unha chamada de atención: a covardía do outro -a súa inseguridade, a súa prepotencia, o seu medo- é o que nos converte en vítimas. Os mecanismos do maltrato son revirados e non sempre deixan pegadas de sangue ao seu paso. Moitos deles mesmo resultan imperceptibles, aceptados con naturalidade bébeda de inocencia. Vístense de formas tan aparentemente alleas á ideoloxía como a moda ou os costumes e ofrécennos a beleza que embriaga como anestésico contra o pudor ou a humillación. A silueta recortada de Carla Bruni e Letizia na Moncloa dende as portadas da maior parte dos xornais. As palabras de Berlusconi a unha voluntaria do terremoto de L´Aquila: Podo tocala un pouco? A frivolización e cousificación das mulleres no ámbito público non é unha anécdota senón que reflicte unha tendencia social estendida consistente en desprezar a valía persoal de moitas mulleres para, porén, destacar aspectos secundarios como a roupa, o peso ou o peiteado. Como se non fósemos máis que barbies dispostas a ser vestidas e espidas por obra e graza do glamour. Fronte a isto, o exemplo das xornalistas Rosa María Calaf e Elena Poniatowska que estes días visitaron Galicia para recoller os premios Xosé Couso Liberdade de Prensa e Escritora Galega Universal respectivamente, polas súas brillantes traxectorias profesionais. Tan só a covardía pode facer de nós vítimas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
publicidad
Publicidad Best Sellers