O APUNTE
A Xunta mudou de cor nunha xornada na que facemos historia, e non precisamente pola volta do PPdeG á presidencia –do que xa temos experiencia–, senón porque Galicia decidiu cunha participación histórica por riba do 70%. Os galegos acudiron ás urnas e optaron polo cambio, o mesmo que en Euskadi, onde o PNV perde unha hexemonía que durou 29 anos.