Viernes, 19 de marzo de 2010 - 10:35 h
Antón Reixa
Artista e escritor
20-12-2009 21:43

Carta a O'Rivas

16 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 66 voto/s

CORAXE. Benquerido Manolo: Onte, cando ingresaches na RAG, se cadra, non te decataches nin ti nin o resto de académicos, pero unha marabunta tomou a RAG. Eramos os teus amigos e amigas, lectores e lectoras e, sobre todo, a lexión entrópica de todas as palabras da túa literatura.

Si. Que o saiba o mundo todo. As palabras dos libros de O’Rivas teñen, por un aquel de cunqueirianas, vida propia: aparato dixestivo, subconsciente, forma de ser, grupo sanguíneo e mesmo signo do zodíaco.

Eu, Manolo, tiven unha visión epifánica da sombra curvadamente orgullosa de Lois Pereiro polo corredor daquel andar madrileño do Paseo de Extremadura e do brillo nos ollos e a dozura da túa irmá María na Porta Faxeiras mostrándome un dos teus primeiros artigos no Ideal Gallego.

Ti citabas a Cortázar no solpor daquela década dos setenta. Non é que vaiamos vellos, é que se produce un burato negro no noso presente cada vez que os que estaban canda nós deixan de estar onda nós.

No ronsel de autoestima que produce a túa nova condición de “académico da Galega”, estamos os artistas todos da túa xeración, aquela colleita do 57 (ano atrás, ano adiante), algúns representades o talento, a outros tocounos facer simplemente de furafollas.

Fomos individualistas e solidarios. Militantes sen partido. Artesáns para facer da creación cultural unha profesión. Vimos da rúa e das tascas, por iso somos xente humilde e agradecida que consideramos un avance ingresar na Academia que quixemos transgredir. Doce vinganza. Como contraste coas xeracións anteriores de galeguistas, carecemos de tarefas colectivas, pero compartimos unha eira inmensa de convicións profundas e estratexias melancólicas (pero activas). Lembro a túa crónica dun recital dos Rompente en Portugal. Ti abrías co titular de “Viva a nación sioux ceibe e socialista”, tal e como eu cerrara a actuación. Facías ben, os meus sioux son a túa Mohicania.

Onte a túa “boca da literatura” falou de “memoria, ecoloxía, lingua” e a semana que vén participo activamente no simposio Ecolingua, porque, como ben sabes e tes dito, a defensa das palabras e do idioma é máis ecoloxía ca outra cousa e está vinculada á soberanía da natureza. Cando publicaches “Os libros arden mal”, interpretei inicialmente aquelas case mil páxinas como unha chantaxe aos teus amigos, pero devoreinas.

E agora comprobo o poder chamánico da túa expresión literaria: miro para o andel no que descansa o exemplar e só con iso volvo sentir a felicidade lectora daquel verán de 2006. Coincido coas palabras de onte, a cargo de Axeitos, ese libro condensa o mellor de ti. A emoción que converte en verso cada liña da túa prosa e a túa intuición do mellor xornalismo para facer crónica e épica da memoria.

Onte tamén dixeron que cos teus cincuenta e poucos anos eras o benxamín da institución. Vaia atrevemento o teu. Pero xeracionalmente non sei que demo fixemos mal, porque teño a sensación de que chegamos tarde aos territorios das ilusións colectivas cumpridas. E mira que gastaches (e gastas) tinta de esperanza na túa escrita de cada día.

MELANCOLÍA. Pero sabes que che digo, irmán, pasan os anos e aquí andamos. Que se jodan.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
E como lles jode!! BRAVO POLO RIVAS.
Eu
2009-12-20 20:52:01
Rivas é o gran escritor que non teñen hoxe en español, por iso veñen aquí a babexar contra el. Envexa, pura envexa. Gastan diñeiro a esgalla e só sacan Chiki Chikis , Beléns Esteban e Roucos Varela. Cultura hispánica, cultura en decadencia.
2
buff
krustazzeus
2009-12-15 15:16:35
Esto está cheiño de trolls
3
Para a caverna galeguista
Esther
2009-12-14 22:59:39
Poñede os dentes que queirades, que o nivel da RAG é moi baixiño.
4
eu tamén
2009-12-14 22:56:51
PUUAAAG!!! ¡QUE BAIXO NIVEL O DA RAG!
5
eu
2009-12-14 21:11:57
PUAGHHHHHH!!!!!
6
Para a caverna antigalega
2009-12-14 20:07:52
Rivas académico e Ferrín o seu Presidente e aínda ousarán dicir que o nivel é baixo. Hai que rir, ou como diría a folclórica que se vexan os dentes que iso é o que os fode.
7
Deberían poñer o listón mais alto
Xurxo
2009-12-14 16:52:17
Os da RAG deberían poñer o listón mais alto.
8
¡Qué pouco nivel o da RAG!
Xán
2009-12-14 15:01:30
É baixo, moi baixo.
9
Dacordo con Marta
Iago
2009-12-14 11:00:19
Non se pode baixar tanto o nivel na RAG.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers