Viernes, 19 de marzo de 2010 - 1:54 h
Natalia Alonso
Xornalista
16-12-2009 22:06

Fumar un pracer... mortal

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

Por fin. Todo parece indicar que agora si. Esta mesma semana a ministra de Sanidade, Trinidad Jiménez, facendo gala dun necesario e saudable senso común, confirmou que en 2010, seguramente a partir do primeiro semestre, non se poderá fumar en ningún espazo público pechado. Quere isto dicir que o ritual de sentar na cafetería e bicar a cunca co cigarro na man ten as horas contadas. E quere isto dicir tamén, que todos aqueles que non fumamos, que detestamos o tabaco, que nos incita ao vómito, poderemos, por vez primeira nas nosas vidas, entrar en calquera establecemento, pedir un café e non ser obrigados a beber fume. Porque para os non fumadores, ata o de agora, semellaba non existir a máxima de que “a túa liberdade remata onde comeza a miña”, o que poderiamos traducir en “ti tes dereito a fumar pero eu non teño dereito a non fumar”. E non importaba que os paquetes amosasen letreiros grandes con lemas ameazantes, “o tabaco mata”, e que, mentalmente, unha voz de ultratumba pronunciase as tan temibles verbas, que nos lembrase que fumar é un suicidio paulatino. Ou dito doutro modo, xa viña sendo hora de que o consumo de cigarros fose asumido como un acto individual, que só debe afectar a quen decida correr ese risco con todas as súas consecuencias. Agora ben, en cuestións tan sensibles e polémicas o que non se pode pretender é contentar a todo o mundo. E iso, grosso modo, foi o que intentou o Goberno de ZP ao obrigar aos locais de maior superficie a que acondicionasen zonas específicas para fumadores e non fumadores, mentres que os donos de establecementos pequenos podían decidir se permitían, ou non, o consumo de tabaco. Moi lóxico, polo tanto, que agora a Federación Española de Hostelería e Restauración (FEHR) saque as unllas ante o Ministerio por ter que acometer todas esas reformas que agora quedarán obsoletas. Ademais, resulta incoherente prohibir o tabaco en todos os centros de traballo e que certos profesionais queden exentos desa norma, sometidos á decisión do propietario sobre que vai facer co seu negocio. O que xa non está tan ben é que se lamenten da perda de clientes, existen determinados ámbitos nos que o lucro non debe xogar a partida, por exemplo, á saúde. E dende logo, os medios de comunicación, sétimo arte incluído, tamén deben desempeñar un rol responsable. Dicía a canción que fumar é un pracer xenial, sensual... pero deberiamos engadir, tamén mortal, por moita elegancia que exhiban algunhas estrelas do celuloide ao portar o cigarro entre os beizos. Si, en gran medida, fumamos por emulación. Que tería acontecido se Bogart non aparecese na pantalla grande coma un fumador empedernido? Que tería pasado se ollase a Ingrid Bergman cun Chupa Chups na boca, ao máis puro estilo Johan Cruyff?

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers