Lunes, 22 de marzo de 2010 - 1:39 h
María Bastida
17-12-2009 23:01

Debeu ser e non foi

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Os acontecementos que a axenda marcaba para esta semana anunciaban uns días cheos de acontecementos que deberían ter ocupado tinta e minutos informativos ata deixarnos fartos. E, como ocorre de cotío, o previsto non foi.

Arrancabamos o luns, ben de mañá, cunha conferencia que reunía a primeira liña da política nacional. Non sei moi ben que buscaban, pretender acadar unha solución para o problema económico nunha xornada é máis irrisorio que absurdo.

Din que consensuar un acordo ou documento, pode que simplemente verse e felicitarse o Nadal. Perdón, “as festas”, por iso de non ferir susceptibilidades.

Sexa cal fose o pretendido, o que aconteceu non satisfaceu a ninguén. Ou pode que si, se elevamos á categoría de obxectivo as fotos de todos con todos, coa Casa Real como ornamento lustroso. Claro que iso é malpensar.

En segundo lugar, debate presupostario. Porque si, aínda que non o crean, esta semana aprobáronse os presupostos que van rexer o funcionamento da autonomía o vindeiro exercicio.

Non houbo debate, quizais porque estes orzamentos son realistas e prudentes; a mellor ou menos mala das opcións. Garanten gasto social e investimento, así que a oposición perdeu polo camiño a súa arma favorita.

En consecuencia, pouco ruído máis alá do eterno enfrontamento sobre o número de enmendas aprobadas.

Outros confundiron a lección do día e sacaron á palestra a Lei de Caixas. Por iso de ter algo que dicir.

Finalmente, moitos esperabamos que esta semana atopase solución o problema de Aminatu Haidar.

E novamente quedan as expectativas polo camiño, perdidas en derroteiros diplomáticos sen fin apuntalados con teoría fronte a realidade; con retórica fronte a humanidade.

Polo de agora, onde non chegan os políticos, chegan os médicos. Disque hai luz ó final do túnel, que o Goberno espera unha solución inmediata.

Nós tamén. A ver si, pon unha vez, cumprimos axenda. Antes de que se esgote.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers