Viernes, 19 de marzo de 2010 - 5:46 h
Xavier Vence Deza
Catedrático de Economía
19-01-2010 11:34

Os abrazos rotos

5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 38 voto/s

Resultaba sospeitosa tanta unanimidade sobre as caixas. A medida que se van concretando cousas van estalando algúns dos malentendidos sobre os que se construíu un aparente consenso. Un certo estado de conmoción informativa permitira impoñer unha determinada opción como se fose a única posible, mesmo rompendo momentaneamente a liña estratéxica de fondo de cada un dos tres partidos. Cada un, por razóns ben distintas, aceptou o discurso da fusión. A aceptación da “solución” fusionista ten algo que a fai merecedora de estudo como un caso paradigmático de persuasión sicolóxica. Resultaba rechamante ver aos interlocutores políticos e sociais saír das reunións co Presidente da Xunta –previamente “persuadido”– adherindo á súa proposta sen que mediara un minúsculo dossier sobre a situación actual e perspectivas das dúas entidades. Marabilla tanto a súa capacidade de persuasión como a fe dos interlocutores.

A cuestión empeza a complicarse cando, no medio da tormenta provocada pola resistencia de Caixanova, o BNG consegue a admisión a trámite, por vía de urxencia, da proposición para reformar a lei de caixas. Nela está expresada a auténtica motivación do BNG en todo este asunto, unha aspiración que ven de moitos anos atrás –non así a fusión. O que ocorre é que a súa concreción obriga a retratarse a todos os partidos de forma moi definida. As emendas presentadas destapan as verdadeiras motivacións tanto de Núñez Feijoo como do PSOE neste proceso. Nese contexto e ante o marco que perfilaría a nova lei xa non son compatíbeis os obxectivos instrumentais e transitorios perseguidos por ambos partidos, determinados en última instancia pola cada vez máis clara vontade de control e reparto da torta das caixas entre as dúas cúpulas madrileñas.

Por iso, aquel consenso instrumental empezou a rachar e o normal sería esperar un reposicionamento dos tres partidos. Nese contexto a voz da cidadanía, dos aforradores, traballadores e dos empresarios terá oportunidade de facerse ouvir con novos matices. Poida que agora se rompa o estado de conmoción unanimizadora e empece un debate máis aberto e realista; poida que máis caótico, pero é unha oportunidade para falar con realismo do mellor escenario para que Galicia teña un “sistema” financeiro propio, forte e útil para o país, para os aforradores e inversores.

Unha vez que se aprobe unha lei que garanta un maior control público/social das caixas e nos “blinde” fronte a calquera operación extra-galega –quente ou fría– estaremos en condicións de discutir, sen ameazas, que opción lle convén máis á economía galega, unha única caixa ou un sistema con, cando menos, dúas caixas e tres bancos netamente galegos. Valorando tamén en serio unha estratexia que garanta a viabilidade e solvencia das dúas por separado, mesmo se para iso deben, transitoriamente, desfacer posicións e reducir o seu tamaño –en particular a súa implantación fóra. Botando man, se for preciso, de recursos públicos para reforzar a capitalización.

Paradoxalmente, hai dúas cousas que a auditoría en curso non vai poder aclarar: nin cal é o escenario máis vantaxoso para os sectores productivos galegos –habería que escoitar de verdade a moitos axentes–, nin tan sequera cales serían as condicións para a viabilidade de cada unha por separado. Curioso.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Televisión de Galicia en castelán?
Alberto Fernández
2010-01-19 02:17:47
Escribo este comentario para dar a miña opinión sobre o "equilibrio lingüístico" do programa "Foro aberto" da TVG na noite do Luns, 18 de xaneiro. Nese programa houbo varios invitados que expresaron diversas opinións sobre os interesantes temas propostos. Gosto dos programas de debate da TVG, pero nesta ocasión sentinme desgustado polo feito de que, nalgún momento do debate, tres dos seis participantes estaban a utilizar o castelán. Creo na libertade para que cada un na súa vida use a lingua da súa escolla, galego ou castelán , pero tamén penso que a Televisión de Galicia debe facer un esforzo invitando aos debates persoas que se podan expresar na lingua propia de Galicia, que é tamén a lingua deste medio.Non se trata de vetar ninguén pola súa lingua pero opino que á hora de buscar participantes nun debate dun medio en galego, os responsabeis deste programa deberían dar preferencia ás persoas que podan expresarse en galego Sinceiramente penso que se fixesen un pequeno esforzo non lles sería difícil encontrar persoas galegofalantes tan cualificadas como calquera das alí presentes. Ver como o xornalista de ABC-Galicia e o presidente dos promotores Garrido Valenzuela falaban só en castelán e acababan "contaxiando" ao politólogo Barreiro Rivas para que este se pasase tamén a esa lingua foi unha escena bastante triste. É isto o que podemos esperar da única canle de televisión en galego que recibimos? Un medio en galego cun perfecto equilibrio bilingüe? Situacións como a que acabo de describir deberían facernos pensar un pouco, especialmente aos responsabeis da Televisión de Galicia. Alberto Fernández
2
inútiles
blaspinto
2009-12-22 12:08:49
susartículos me son inútiles
3
E dalle co dúas caixas
O dedo no ollo
2009-12-20 11:50:29
Todos os que escriben, aquí e noutros lugares, esquecen - á mantenta ou por ignorancia - a Caixa Rural de Lugo, pequena, pero presente. Unha fusión, infusión ou fisión, sen ela, non sería "nacional" galega
4
Disparando a dar
a furada do trasno
2009-12-19 19:48:45
Neste blog, dende o principio, defendemos unha nova Lei de Caixas que permitise avanzar cara unhas caixas máis públicas e máis galegas. É obvio que unha cousa e outra esixía o relevo das actuais tecnocracias dirixentes. Aínda máis, se hai indicios de mala xestión, que se investiguen e se condene. Caia quen caia. O que non é de recibo, unha vez que se substanciou o debate, de xeito inverosímil, polo veredicto pasional da multitude e o triunfo de Feijóo -aclamado mesmo pola intelectualidade nacionalista de esquerdas- que nunha última volta de tuerca, suponse que para derrubar por anticipado as posibles resistencias legais que aínda poidan interferir na execución da gran solución, se pesonalicen as críticas e os ataques, sen proba nin moito menos veredicto algún, nos máximos dirixentes -máis propiamente no máximo dirixente- dunha das entidades. Máximo dirixente que, dito sexa de paso, gozaba ata onte do beneplácito e parabéns de todo o espectro político, social e mediático do país. Máis en: http://afuradadotrasno.blogspot.com/
5
Grazas
2009-12-19 05:25:45
Os seus artigos de opinión sonme útiles.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers