Martes, 16 de marzo de 2010 - 23:48 h
Camilo Nogueira
Ex Eurodiputado do BNG
19-12-2009 19:45

Brasil e nós

7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 14 voto/s

O Brasil presidido por Luiz Inácio Lula da Silva, e governado por unha coalición dirixida polo Partido dos Traballhadores, atrai a atención de todos. Tanto pola súa política interna, combinando a seriedade e intelixencia na administración do Estado, o impulso ao desenvolvimento económico, a proteción da súa natureza extraordinaria e os programas de inclusión e proteción social e contra a marxinación, como pola súa surprendente presenza exterior, tanto en Latinoamérica como nos demais continentes. Brasil é considerado como un dos componentes privilexiados dun mundo que for alleo ao hexemonismo político e económico, sendo o seu p residente a voz máis saliente entre governantes que loitan contra a pobreza. Contando con instituicións inequívocamente democráticas –malia a sua dimensión xeográfica e a complexidade da súa estrutura federal– pratica unha política internacional singularmente independente. Mantén unha relación excelente coa Unión Europea, ten un bó entendemento cos EE UU, facéndose respeitar na relación privilexiada cos Estados de Latinoamérica, incluida Cuba e desde logo Venezuela, e cos países africanos, conservando toda a súa liberdade para tratar con países como Iran ou para compor con China, a Federación Rusa e a India e o resto das potencias emerxentes.

Criticado e visto con desconfianza ao principio do primeiro mandato presidencial de Lula, Brasil recebe neste momento unha atención especial e positiva de medios de comunicación –de Le Monde a The Economist e de The New York Times a El País–, que se definen por liñas editoriais non concordantes co pensamento político do antigo operario e sindicalista de São Paulo. Relatando o seu despegue político e económico, distíngueno de potencias consolidadas como China, India ou Rusia, quer polo carácter do seu sistema democrático, quer pola carencia de problemas nacionais internos ou pola diversidade da súa estrutura económica, facendo fincapé neste caso na política social e ambiental prevista a propósito da imensa riqueza petrolífera encontrada frente as súas costas. Atribuíronlle un papel central na resolución na cimeira de Copenhaguen sobre o cambio climático, considerando que ía cumprir unha función de ponte entre os Estados industrializados e os países en desenvolvemento, intervindo decisivamente en problemas centrais como a redución da emisión de gases de efecto invernadeiro, a axuda financiera aos países menos desenvolvidos ou pobres, a extensión do protocolo de Kioto a novos países ou a conservación das florestas tropicais, cooperando coas posicións da Unión Europea e dos países menos desenvolvidos e superando as dificuldades colocadas por EE UU e China.

Sen prexuizo da importancia política, social e cultural de todos os demais Estados do subcontinente, Brasil supón entre eles a referencia máis destacada, defendendo a unidade e a independencia de todos. Con perto de 200 millóns de habitantes, converte ao portugués na lingua máis falada en América do Sur, negando a identificación exclusivista e interesada do subcontinente co castelám e o hispanismo.

Os brasileiros teñen á lingua chegada de Portugal como o fundamento central do seu carácter nacional. Nós podemos afirmar que a lingua que falan é a mesma que a galega. Malia as diferenzas e os matices, tan galego é o portugués do Brasil como castelán o español de México. Para o comprobalo non hai máis que estar en Río ou en Recife e conversar coa xente ou ouvir estes días algún discurso de Lula en Copenhaguen.

Cada vez son máis fortes as voces que en Galiza recoñecen esta realidade afortunada. Non só entre que partillan a idea da converxencia das normas ortográficas oficiais do galego e as do portugués, senón tamén entre os que praticando a norma oficial en Galiza e facendo fincapé nas diferenzas, xa non defenden un propósito diverxente senón o entendemento cos que a través do portugués teñen por súa, alén do Miño e do mar, unha lingua nacida en Galiza. Non existe ningunha outra nación sen Estado no mundo que depois de ver negada a súa lingua durante séculos a conserve tan viva internamente e a enxergue tan estendida e arrequecida en todos os continentes.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
C. Vs. C.
PiPooy
2009-12-19 17:49:51
A argumentación do Sr. Nogueira paréceme ordenada e seria, non tanto así a da maioria dos comentarios "que fuera parte" o insulto velado escreben o galego como eu o castellano. Camilio Vs Camarilla.
2
no te es portuxés
Alvaro
2009-12-19 14:37:43
Brasil é tudo mau, e nos EEUU nom há 50 milhons de povres, nem corrupçom... Obrigado Camilo, já vê que ainda fica muito trabalho por fazer. Etimológicamente, nom é sostível dizer que o que falam em México, Argentina e Castela é a mesma língua, e logo negar a unidade luso-galaico-brasileira, mas sobre tudo nom é nada inteligente desde um ponto de vista económico. PS: no 2020 Brasil será a oitava poténcia económica, já por diante de Espanha.
3
A argumentación do Sr. Nogueira
Amador
2009-12-19 14:17:48
A argumentación do Sr. Nogueira paréceme ordenada e seria, non tanto así a da maioria dos comentarios "que fuera aparte" o unsulto velado escreben o galego como eu o castellano. Camilio Vs Camarilla.
4
mmmmmmm
Eleutheros Venizelos
2009-12-19 06:20:34
Pois é!, Deus é brasileiro, e por tanto fala galego.
5
JE JE JE ...
AS VEGAS DE IERES
2009-12-19 04:43:59
XA CHE GOSTARÍA ! jE JE JE.
6
Que non me a colas "
Cores
2009-12-19 04:41:25
O galego é tan parecido ao potugués ou ao brasileiro como o castelán. disate de lerias Camilo.
7
Bolivar, vaia exemplo.
Demócrata, non bolivariano.
2009-12-19 04:32:22
Camilo, te tiña por unha persoa obxectiva e loitadora. Pero non nos queirás colar que Brasil é o modelo a seguir ? corrupción, pobreza, prostitución, fabelas, asesinaros por centos, ... E que máis da se o portugués é irmán do galego ? Tamén o é do castelán. Vaia maneira de xustificar a importancia da nosa lingua, non si! O castelán e ao mexicano o que o portugués o é ao brasileño. Por certo, sabes ou sabedes cales son os idiomas que utilizan a " Ñ ". O castelñan e o galego. Remato, vivan as repúblicas bolivarianas ! modelo a seguires sen dúbida.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers