Viernes, 12 de marzo de 2010 - 4:44 h
F. Martínez Hidalgo
Analista Político
18-12-2009 22:48

Copenhague verde?

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

A capital danesa, acotío pintada co gris das nubes e decorada polo branco da neve, convértese estes días na capital mundial verde. Unha nova cimeira chea de moitas fermosas declaracións, algunhas boas intencións pero, por desgraza para o planeta, moi poucos compromisos concretos. Tan descafeinada que serve, aproveitando a ocasión do encontro, para que as delegacións traten outros temas e pechen outros acordos ben diferentes do presuntamente ambiental. Nada sobre o que a nosa experiencia cidadán, acostumada a este tipo de citas con grandes expectativas, inmensos anuncios e non máis rotundas desilusións, non nos tivese advertido xa.

Os titulares sitúan o debate principal nas emisións atmosféricas de CO2. Os países industrializados queren unha redución moderada, acorde co tirón que en época de crise a industria exerce sobre os demais sectores. Os países en vías de desenvolvemento non están dispostos a asumir acordos, que sacrificarían unha parte relevante do seu crecemento, sen unha suculenta contrapartida en forma de investimentos directos ou relaxación de normas comerciais. E os países subdesenvolvidos, simplemente, non queren nin oír falar de políticas que signifiquen ancoralos na súa marxinación socioeconómica actual.

No tocante aos termos do principal tema de discusión, as posicións seguen inamovibles dende hai lustros. Alguén pode explicarme para que vai valer esta cimeira? Cales son os grandes puntos de acordo cos que se chega para intensificar o diálogo e, entón si, poder poñer negro sobre branco acordos útiles? Cantas máis cimeiras vexo, e máis comprobo o exiguo dos seus resultados, máis claro teño que son sómente un carísimo acto declarativo cara a opinión pública global. Todo pode resumirse na idea de que, como diría José María Aznar, “estamos trabajando en ello”.

Sorpréndeme non ver en Copenhague, ademais, un debate sobre o esgotamento do enfoque sostible. Nin tan se queira os colectivos e lobbies ecoloxistas foron quen de inserir a idea, sendo este o contexto propicio para iso, de que as xeracións futuras van dadas se esperan ver un compromiso real que considere os seus intereses. Tampouco se denuncia a hipocrisía oculta tras moitas políticas de responsabilidade social corporativa. E nin se menta o feito de estarmos a piques de alcanzar os límites do posible na cooperación dos Estados, agregadores de intereses diversos, cos colectivos ambientais.

Máis aínda, con enfoques como o “cradle to cradle” (do berce ao berce) petando con forza na porta das axendas políticas, coa súa proposta para a integración de todos os subsistemas sociais na idea da ecoefectividade –revertendo os avances en investigación de novos materiais e novas técnicas na produción de bens e a prestación de servizos 100% ecolóxicos. O debate de Copenhague vese mesmo limitado e desfasado, ancorado en conceptos vellos e compromisos infrutuosos e, a estas alturas dos tempos, destinados a precisar pronto dunha completa revisión ou, no peor dos casos, do total abandono.

As discusións e as solucións, máis orientadas ao politicamente admisible que ao socialmente desexable, deixan atrás ideas e opinións alternativas e/ou minoritarias. Mentres, continúan o urbanismo desbocado e o crecemento demográfico. Seremos quen de dicir basta, ou será o planeta quen nolo teña que dicir?

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers