Lunes, 22 de marzo de 2010 - 4:07 h
Iago Martínez
Xornalista
19-12-2009 19:45

Ferrín, autonomía

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 28 voto/s

Azoute do piñeirismo e dos reintegracionistas, dos que armaron a normativa do galego hai vinte e cinco anos e dos que non deixaron de cuestionala dende entón. Así é Xosé Luís Méndez Ferrín: un nacionalista outsider e un leal académico ao mesmo tempo. Un personaxe difícil de etiquetar, capaz coma poucos de crispar os seus compañeiros de viaxe e convencer do outro lado da trincheira política. Tan hábil para a ruptura coma para o acordo imprevisto. O outro día, en Viena, á porta da Musikverein, o conselleiro de Cultura confesoume que Ferrín sería un bo presidente para a Academia. Un presidente leal e responsábel. Un soldado. Dicíao un diplomático das Rías Baixas que traballa para un goberno do Partido Popular. Un político que sabe que con el, con Ferrín, a Academia sería máis combativa e consecuente co mandato da súa propia historia do que o foi nos anos oitenta. Ferrín xa era así daquela, cando se opoñía a que García-Sabell fose presidente da Academia e delegado do Goberno en Galicia ao mesmo tempo. Non mudou a súa mensaxe. A palabra de orde segue a ser a mesma: autonomía.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Matizacións.
Teodomiro
2009-12-19 19:10:36
Non é exacto: non foi o piñeirismo, que dominaba a RAG, quen armou a normativa, senón o ILG, amigos de Ferrín como Fernández Rei e Ramón Lorenzo. A RAG aprobou as normas pero quen se encargou de as elaborar foi o ILG. Por outra banda, Carballo Calero é un dos do núcleo piñeirista. Aínda que é certo que no da normativa discrepase con Piñeiro.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers