Viernes, 19 de marzo de 2010 - 4:03 h
Clara Castilla
Xornalista
19-12-2009 19:45

Festa e besta

6 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

cataluña sitio distinto. Sempre á vangarda e rachando coa pana. Abandeirando o cambio e sendo a cabeza visible da España máis progresista e menos rancia. Agora atrévense cos touros e debatirán no Parlamento a prohibición deste sanguento costume que cun sentido un pouco pervertido da troula alguén lle dou por chamar festa nacional. As frías estatísticas falan de que sete de cada dez cataláns están en contra deste brutal xeito de acabar coa vida dos touros a base de estocadas e entre os aplausos e a algarabía do público. Ao máis puro estilo dos circos romanos, só faltando un dedo polgar sentenciador pedindo a morte do toureiro se este non cumpre coa faena. Pero en Cataluña, no reverso político desta nosa Galicia, xa levan moitas millas de vantaxe porque o espectáculo está prohibido para menores de 14 anos. Coherencia pura e dura do goberno catalán. Irresponsabilidade e hipocresía absoluta do resto dos gobernos, obsesionados por controlar a emisión de imaxes crueis e violentas en horario infantil, pero pechando os ollos a que un menor poida asistir en vivo e en directo a unha pelexa corpo a corpo entre un home e un animal. Entre bestas. Con sangue e vísceras. Con queixidos e morte. Con orellas e rabos cortados a machete.

Non se trata de ser antitaurino, senón animalista. De defender os seus dereitos e garantir a súa protección. Trátase de adaptarnos aos tempos. De impedir calquera tipo de morte que conleve un sufrimento innecesario e gratuito. Un sacrificio inútil en aras do noso deleite. Aquí en Galicia aboliron a tradicional matanza do porco á vella usanza por este mesmo motivo. Era tamén unha festa e ninguén negará que o fin era bastante máis primario e necesario. Comer. Xa non tiramos cabras dos campanarios, perséguense as pelexas de galos, e os cans e os gatos xa durmen en hoteis de cinco estrelas, voan en clase preferente, visten de Armani, cúranse en hospitais e van a garderías.

Eu tamén aprecio a beleza e a loita. O arte e a tradición. Aprecio a estética do traxe de luces e respecto a ridícula tradición de romances entre toureiros e tonadilleras. Pero ningunha destas premisas xustifica o asesinato a sangue fría dun animal. Con ou sen cornos. Con ou sen rabo. Ningunha escusa é válida para permitir que un touro morra sen folgos, ridiculizado e desangrado. E por favor, non me digan que o toureiro respecta ao touro. Que os taurinos aman este animal. Amar e respectar, en Cataluña ou en Macao, están nas antípodas da morte.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Pra Xurxo
Chicho
2009-12-19 14:50:20
Tés moita razón. O artículo é unha paletada de moito carallo. Recórdame a un do meu pobo que decía que era moi moderno porque tiña "percina" na sua casa e mais un "haiga" na porta.
2
¿En qué siglo vives?
Agustín Fernández
2009-12-19 14:45:16
Si hablas de Cataluña como vanguardia del progreso es que te has quedado anclada en el siglo anterior. En el siglo XXI esto ya es un tópico. Viaja más y no te quedes tan desfasada.
3
Eres una progre de libro
Elena Díez
2009-12-19 12:41:16
¡Qué antigua eres!. Eres una progre de libro: defiendes a los animales y no al no nacido.
4
Ya lo decía Antonio Machado
Guillermo
2009-12-19 10:14:46
Decía Antonio Machado que de cada 10 españoles 9 embisten y 1 piensa. Ya se ve que el Parlamento catalán está lleno de los que embisten. ¿De qué si no han prohibido el toro de Osborne en sus carreteras?. Ya se ve que de proteger a los animales no se trataba...sino de otra cosa. Pero ya se ve que los que embisten no están sólo en el Parlamento catalán.
5
O mais rancio do mundo
Xurxo
2009-12-19 08:44:32
O mais rancio do mundo sempre foi decir paletadas e, o mesmo tempo, ir de moderna. ¿Nunca viches un paleto querendo parecer moderno?. A tua argumentación é un tanto antigua e chea de tópicos.
6
Eres bastante animalista....
Pilar
2009-12-19 08:33:40
Te parece bien que, a sangre fría, para que una mujer se quite un problema de encima, se pueda matar a un feto inocente. Te parece fatal que se mate a un animal para distraer a miles de personas de sus problemas. Eres bastante animalista, hija. Y rancia, por cierto, porque a estas alturas de la película hablar de Cataluña como país avanzado y moderno es haberse quedado anclada en hace 25 años,...Esto ya no es así y otras le dan mil vueltas. Pero sigues anclada en el tópico irreal.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers