Martes, 09 de marzo de 2010 - 23:28 h
Rafael Cuiña
05-01-2010 22:09

E tamén no nome do fillo

5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 27 voto/s

Lía con atención un artigo de Carlos Luis Rodríguez en El Correo Gallego titulado “En el nombre del padre”, no que puña en cuestión o procedemento seguido para a designación do novo presidente do Partido Popular de Ourense, con acidez inusitada, e diría que, apesares do meu aprecio e respecto polo xornalista, inxustiza meditada.

Os críticos a Xosé Manuel Baltar, –que os hai e poderosos–, ao máximo que alcanzan é a falar da súa condición de fillo de Xosé Luis Baltar, mais nunca son capaces de debater sobre a súa valía e preparación para o cargo. O vicepresidente actual do Parlamento galego, o único que está a facer é presentar democraticamente unha candidatura, expor un programa de actuación, e situarse nunha órbita galeguista en canto a súa concepción de partido. Nin o pai o vai a pór a dedo –aínda que teña a súa predisposición lóxica pola candidatura–, nin o método de elección será por exemplo como a designación de Rajoy por Aznar, sen pasar por un congreso ata anos despois (e cunhas xerais perdidas polo medio).

É bo a existencia doutras candidaturas alternativas, mais estas deben deixar de intrigar na escuridade dos que ladinamente artellan operacións de descrédito persoal, como xa sucedeu no pasado no Partido Popular, e definir as políticas alternativas ao que xa existe. O debate debe ser de posicionamento político, e non de persoas. Xosé Manuel, que ten alma de galeguista, aínda que en ocasións se deixase levar por un “rexionalismo populista”, cre de cara aos medios na neutralidade do “aparat”, mais na intimidade da súa candidatura estará preparado para os ataques que virán dende flancos habitualmente dispostos a exercer de zapadores, por indicacións de “mais arriba”. Polo tanto non teñamos nos partidos medo á democracia, e acollamos con reservas as “chamadiñas” que seguro recibirán algúns en forma de “consello coercitivo” , para dobrar vontades supostamente inquebrantables ata o de agora.

Na película “No nome do pai” de Jim Sheriran acusábase aos “catro de Guilford” capitaneados por Gerry Conlon, de asasinatos que non cometeran, e polos que foron tendenciosamente condenados ata que se demostrou a implicación do aparato do Estado británico neles. Polo tanto, segundo a regra de tres establecida polo xornalista compostelán, pedir xustiza, democracia, neutralidade, e dignidade dentro dos procesos electorais dos partidos. Ou non? (Bo nadal a tódolos lectores desta columna.)

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Muy acertado
Ferrol
2010-01-05 21:27:22
Tu articulo es ameno, certero y fino como te corresponde.
2
Herdeiros con pedigree.
Ana Iglesias Alvarez
2009-12-19 17:30:21
Xa que é vostede tan galeguista e tan demócrata ¿Que fai nun partido cuio lider se nomea a dedo e que fai chamadiñas intimidatorias? Ser fillo de... as veces pode ser algo incomodo, pero moito peor é ser un fillo de ninguén. Resulta moi conmovedor ver como se apoian os pobres fillos de...
3
Parabéns
M. Pauli
2009-12-19 14:47:03
Non sobra nin falta unha palabra neste artigo! Grande Rafael!
4
Ourense= Ancians,Xeriatrico, Pobreza, etc.
Tome
2009-12-19 13:51:30
O fillo de baltar será boa persoa, bo politico etc. Pero é o fillo de quen é, i chega hai por que é fillo de quen é, ok Rafael(pero bueno = resulta que é bo). Galegista ja ja ja. Corina Porro,Rueda, Negreira foron a manifestacion de Galicia Bilingue con Glora Lake, is é compromiso co, Castelan,iso e mollarse i ten collons. O fillo de Baltar ainda non se mollou públicamente a favor da cultura Galega, da que el é fillo e neto. Falemos de Ourense, pobre, chea de ancians, Xeriatricos, a xente ten que emigrar ou acostarse coa persoa adecuada. En fin Rafa Cuiña.
5
bo, moi bo
Lois
2009-12-19 11:51:53
Xornal de Galicia ten ó mellor articulista do momento e quen sabe se a un gran político para Galiza no futuro Parabéns ós dous dende a mariña

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers