Viernes, 12 de marzo de 2010 - 19:39 h
Antón Reixa
Artista e escritor
29-01-2010 11:29

Viva Ferrín!

7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 51 voto/s

Coraxe. Vaia por diante que son un dos milleiros de alumnos que atesouramos entre os mellores recordos daqueles días lectivos de “monotonía y lluvia tras los cristales” as aulas de literatura de Ferrín. Agora, o noso “profe”, xa xubilado, pode ser o próximo presidente da RAG. A nosa alegría é inmensa e cremos que, coa que está caendo sobre o futuro da lingua neste país de fusións e confusións, é unha sorte a de vérmonos a Ferrín como presidente. Se cadra, aínda que finalmente non fose así, xa é todo un avance que neste país de caladiños profesionais e intrigantes de distancia curta xurda brillante e transparente a candidatura de Ferrín.

A maior inconveniencia desta posibilidade, para algúns, é a coñecida militancia de Ferrín e que lle impediría imprimir sentido institucional ao cargo. Afortunadamente Mc Carthy xa non está en exercicio e, aínda que a militancia política estea á baixa, o que soe determinar o menoscabo institucional dos cargos públicos é a ambición de poder. Que Ferrín milite e se presente ás eleccións pola FPG se pode valorar de moitas formas, pero ben seguro que o oportunismo non está na axenda de intervención pública de Ferrín. Moitos tamén coincidirán comigo que en calquera manifestación da personalidade de Ferrín ética e estética son inseparables.

Unha das maiores mostras do sentido institucional que Ferrín ten da literatura é o cabreo monumental que non dubidou en expresar públicamente cando Cunqueiro foi aldraxado na súa toma de posesión como “honoris causa” da Universidade de Compostela por un mediocre colectivo de axitadores pretendidamente transgresores e desaparecidos en combate. Ferrín cre na soberanía de Galicia e, sobre todo, na soberanía do bo uso da lingua e da literatura. Transmitiunos amor polo galego e tamén por Valle Inclán, Kafka, Joyce ou Torrente Ballester.

Melancolía. Nestes días de sobresaltos para o idioma vimos de comprobar que os pronunciamentos de institucións aparentemente paquidérmicas como a RAG ou o Consello da Cultura Galega non son irrelevantes para o que afecta á lexislación en política lingüística. Se ademais diso, logran facer chegar á opinión pública o valor estratéxico dos seus traballos, a esperanza pode cumplir o principio de realidade. En poucos días, con Rivas de académico e a posibilidade de Ferrín como presidente, se cadra, nunca se falou tanto da RAG. E iso é bo para que falemos en galego e do galego.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Ferrín un intelectual comprometido
Carballo
2010-01-29 01:34:42
Hxe Presidente da RAG, mañá Presidente da Republica galega.
2
soupa
2009-12-21 21:00:30
papa pitufo, unha cousa é ser galeguista, ou ler escritores galegos e outra ben distinta é só ler escritores que escriben en galego. ninguén é tan extremista coma ti, pois no artigo está ben claro. O seguinte que dis é propio dun gran demócrata amante das diversidades ¿non sí?. Intenta buscar símiles máis creíbles co do nazismo e non lle mandes máis aos cogumelos máxicos pitufín.
3
Escritores en Galego?
papa pitufo
2009-12-21 12:39:45
Pero Kafka, Joyce, Valle Inclán o Torrente Ballester escribían en gallego?, gente como Ferrín quieren acabar con la diversidad de lenguas en Galicia, sus planteamientos son propios de régimenes nazistas. Feliz Navidad
4
Pois que viva
nostrus
2009-12-21 10:41:16
Pois que viva, home que viva, ¡faltaria mais!, eu non lle deseo a morte a ninguen, pero dende logo non e santo da miña devocion porque as armas que gardaba non eran para que todos viviran.
5
Ferrín presidente
Eu
2009-12-20 20:53:22
Ferrín presidente!.
6
Xustiza
Lucinio
2009-12-20 14:49:44
Se realmente Méndez Ferrín preside a RAG entón comezaréi a pensar que o sistema non o controla todo, e que ainda cabe a esperanza. Moi bó artigo o de Antón Reixa sobretodo cando fala de que se Ferrín fose un oportunista político non estaría na FPG, ten razón pq aí tamén queda claro que non todos os que están na política están por oportunismo senón por ideáis.
7
floreiros
tom
2009-12-20 12:04:54
REAL ACADEMIA GALEGA E CONSELLO DA CULTURA,cortellos para darlle de comer aparte e coches gratis...

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers