Domingo, 21 de marzo de 2010 - 23:05 h
Natalia Alonso
Xornalista
23-12-2009 22:59

Traxe de luces

0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

Unha vez chegados a estas datas, o mundo semella dividirse en dous, trónzase. Por un lado, os amantes do Nadal, e das árbores bañadas en abelorios, e das panxoliñas, e das rúas escintilando. Polo outro, todos aqueles que aborrecen estas festas, que detestan o seu consumismo case enfermizo, que non soportan a hipocrisía dos bos desexos protocolarios. Si, nestes días o mundo pártese, divídese entre o paroxismo capitalista e o noxo polas aparencias. E a cidade, a vila, mesmo a aldea, atópase inmóbil, desarmada no medio desta liorta. Trátase dun corpo nu ao que uns e outros queren impregnarlle a súa pegada, pelexados por querer vestir ou espirlle un traxe de luces. E por se tivesemos pouca lide co gallo dos adornos e das compras, agora, precisamente nestas datas de suposto amor e ledicia, o Parlament catalán prende a batalla sobre outro traxe de luces, esta vez o auténtico, o histórico, o dos toureiros. A través dunha Iniciativa Lexislativa Popular abalada por unha máis que considerable morea de firmas, concretamente 180.000, as corridas poderían deixar de ser unha realidade en Cataluña nos vindeiros meses, sendo esta unha decisión sen precedentes na historia do Estado español. O debate está na rúa e semella sangrar máis que o animal logo de recibir a estocada. Que se é un atentado á “cultura española”, á suposta “festa nacional”. Que se esta non é máis que unha proba do acoso ás liberdades que se está a vivir en Cataluña nos últimos anos. Que se estamos ante un síntoma máis desa “lacra” chamada independentismo. Nestas datas, a demagoxia estase a poñer máis e mellor as botas que os mesmísimos centros comerciais. Persoalmente, a min non me gusta a festa dos touros, desculpen se peco de blasfema, pero non consigo ver arte na exhibición da tortura. Agora ben, sería de necios non recoñecer que a lide ocupa un capítulo fundamental no seo da cultura peninsular e que ten transgredido as súas fronteiras de xeito notable, polo menos como fonte de inspiración. Sen touros, Goya non sería exactamente Goya, nin Picasso, exactamente Picasso. E ademais esta festa goza, gústenos ou non, dun amplo respaldo social que debe ser respectado. Con todo, a Iniciativa Lexislativa Popular é un recurso lexítimo desta democracia nosa, que representa tamén a un sector importante da cidadanía e que ten, polo tanto, todo o dereito do mundo a ser tomada en consideración. Dende logo, a utilización do termo “festa nacional” faille un fraco favor aos taurinos máis ortodoxos que deberían comezar por asumir que nos tempos que corren este, o de “nacional”, é xa un termo caduco en determinados contextos. E así están as cousas, unha vez máis, como cada ano, nesta morea de fogares e rúas tan ben adubadas. Divididos, uns e outros, nas festas do amor ao próximo, por un simple traxe de luces.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers