Domingo, 21 de marzo de 2010 - 20:14 h
Xesús López
Colaborador
29-12-2009 13:32

Símbolos do Nadal

1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A cruz e os beléns ou nacementos parecen ser símbolos que estorban ós que quixeran pra sí unha Historia privada do sentido que lle dou o fenómeno relixioso, o cristianismo no caso de Europa, i está clara a existencia dun programa tendente a elimina-la cruz como símbolo, que se está presente en tantos ámbitos é por que a Igrexa tivo un importantísimo papel na conformación da nosa civilización. Pero a cruz [a que está nos templos, nas encrucilladas dos camiños, nas escolas] molesta ós que pensan que se pode esmaga-lo fenómeno relixioso sacándoo do discurso político, acabar así coa libertade que cadaquén ten de creere ou non, como si estivera en marcha unha enxeñería desalmada pra condiciona-la nosa forma de vivir e pensar; pra acabaren coa resistencia da familia. Total, moitos políticos carecen xa de discurso.

As panxoliñas e “nacementos” resisten a burla e omisión zafia que ás veces se dá; é máis, pode existire unha certa reacción que mesmo vai a máis en non poucas familias que, máis alá da simboloxía do abeto, adornan a casa co seu belén particular, aínda que sexa simplemente o misterio, a Sagrada Familia, e o tesouro musical que xira en torno ó Nadal: nacementos de longa tradición en familias que renovan cada ano o “portal”; en parroquias que manteñen tamén ese testimonio. E internet é un bo medio de información pra sabere dalgús beléns vivintes que se celebran en diversas localidades españolas, como o de Greccio que este ano se representa en Compostela e que mantén a tradición comezada por San Francisco no 1223, nun espacio claramente sinalado no convento que, naquel castro, edificarían os franciscáns no correr do tempo. E non hai dúbida de que o triunfo do Belén, a representación simple do Misterio [do Nadal] como tema iconográfico débese a San Francisco de Asís.

Sen embargo, na iconografía cristiáa non sempre foi así, xa que outros temas do ciclo da Natividade, como a viaxe de Nazaret a Belén e a colaboración de dúas parteiras ou as diversas adoraciós están presentes na arte, alomenos, dende o século IV. A viaxe de Nazaret pode aparecer en nacementos máis extensos, todo o que xira en torno ó misterio da Encarnación: A Anunciación que o ánxel fai a María; a Visitación en Ein Karen á súa curmá, próximo xa o nacemento do Bautista; a viaxe de Nazaret a Belén e as visitas que vai recibindo o Neno Xesús: os pastores e os Reis Magos…. E tamén nalgún deses nacementos pode representarse, dalgunha forma, a fuxida a Exipto, ou a matanza dos inocentes, como nun pequeno nacemento da exposición permanente de Greccio aparecen plásticamente representadas estas esceas: Mentres os soldados de Herodes van cortando as cabezas dos nenos de menos de dous anos, San Xosé, a Virxe e o Neno Xesús, comezan a fuxida a Exipto.

Hoxe, 28.12, é o Día dos Santos Inocentes. E si algo pode reclamar unha maior representación plástica nos nacementos do futuro [na referencia da loita do Poder contra os símbolos cristiáns, na renovación do ciclo do Nadal] é en relación cos máis indefensos, ós que o futuro pode reservar, si se produce un cambio real de sensibilidade social, un novo museo ó holocausto dos máis desprotexidos. Nadie está libre de tanto disparate programado. Lembremos polo pronto ó que Papini define como monstruo, a Herodes o Grande, que non era román, hebreo nen grego; era idumeo e arrebatara o reino ós seus propios señores, os últimos e desgraciados Asmoneos. Cando se enterou polos Magos de que tiña nacido un rei en Xudea, o seu corazón rebelouse. E non se soupo nunca do número de nenos sacrificados; sí que antre eles contouse un fillo do propio Herodes, que estaba en Belén ó coidado dunha nodriza. Herodes quizaves que non sofreu ó recibi-la noticia [o Poder nunca se confunde]. Pouco tempo despois, o home morrería; o seu corpo corrompíase antes de morrer. A matanza dos inocentes fora a súa derradeira fazaña. Pero a vida de Xesús foille roubada por María, que salvou así a esperanza do pobo, coa súa marcha a Exipto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Non me sexa demagogo...
Sancho
2009-12-29 13:18:39
Non hai peor hipocresía e peor demagoxia cá que están a facer os resistentes católicos a non perder o seu estatus social. Esquecen, mellor dito obvian, que a convivencia entre persoas réxese pola Lei, non pola relixión, e en todo caso os estados democráticos son aconfesionais... é dicir, que non teñen relixión ou crenza oficial. Por outro lado, é un insulto á intelixencia falar das "raíces cristiás" de Europa; o europeísmo é unha cousa, e a cristiandade outra. O europeísmo xa existía antes da cristiandade, e calquera que bucee un pouco na historia non atopará no cristianismo unha corrente ideolóxica de tolerancia, pacificación, unidade e identidade, senón un movemento excluínte, intolerante, ben apegado ao poder político e económico, e desde logo paradigma de como desunir (iglesia anglicana, ortodoxa, católica, protestante, calvinista...) e como destrozar a convivencia pacífica das persoas. Por outro lado, eses argumentos que por aí andan, que se os ateos tamén celebran o Nadal... que se os beléns, que se os Reis... claro... como nos fogares católicos non víu a pasada Noiteboa Papá Noel... As raíces do europeísmo non son, para nada, cristiás, senón totalmente políticas, que veñen de antigo (tentativa centeneria de pretender unificar europa desde Roma, Carlomagno, Carlos V, Napoleón, Hitler... e agora a UE), unificación á que a igrexa de Roma se adheríu non como forma de entender Europa, senón como forma de ampliar o poder vaticano. Señores católicos, xa que os temos que aguantar... non nos insulten, por favor.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
publicidad
Publicidad Best Sellers